Concello de Vimianzo
27 de xullo de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

04-05-2023

Nova edición do programa de andainas 'Recunchos de verán 2023'


Durante os próximos meses haberá unha nova edición de ‘Recunchos de verán 2023’, un programa conformado por catro andainas circulares para coñecer algúns dos recursos turísticos máis importantes do municipio.


A primeira saída será o vindeiro mércores, 17 de maio. O traxecto, de 9 quilómetros, comprenderá o treito entre Carnés e Cereixo con saída desde o primeiro punto. Visitaranse lugares moi especiais como a cerca da Fagía ou a fonte de San Cristobo, en Carnés; así como o muíño de mareas, a igrexa ou as Torres de Cereixo.


A segunda andaina celebrarase o 10 de xuño. As persoas participantes camiñarán durante 8 quilómetros arredor dos Penedos de Pasarela e Traba, con saída desde a escola de Pasarela. A través desta andaina as persoas asistentes poderán ver verdadeiras ‘obras de arte’ esculpidas de xeito natural debido ás forzas da natureza. Así, as pedras cobran vida e semellan figuras como unha aguia, un coello ou un oso.


Xa en xullo, concretamente o día 7, continuarase por Bamiro. Nesta ocasión serán 14 quilómetros polos que se percorrerá a historia do lugar con saída desde a escola. Desde esta, a viaxe irá ata o recentemente restaurado Cruceiro dos Santos (Cheis), a capela de Montetorán ou o paseo fluvial dos ríos Grande e Torrente.


A programación finalizará o 19 de agosto cunha andaina entre Vimianzo e Castrobuxán. De novo, será un percorrido de 14 quilómetros que terá saída desde a praza do Concello. Visitaranse o lugar de Calo e a capela de Castrobuxán, ademais do río Grande e a ponte da Furaqueira.

Todas as rutas terán a saída fixada ás 9:30 horas, estimándose a chegada entre as 13:00 e as 14:30 horas en función da distancia percorrida.


As prazas son limitadas e as inscricións poden formalizarse na seguinte ligazón antes do venres anterior á celebración de cada andaina. Os desprazamentos ata o punto de inicio serán por conta allea. 


No caso da participación de menores de idades, estes deberán estar acompañados dun adulto e acudir cunha autorización paterna ou materna.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
18
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X