Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

03-05-2023

As escolas municipais deportivas e culturais de Vimianzo clausurarán este mes as súas actividades con varios eventos


Xa hai datas para a clausura das escolas culturais e deportivas postas en marchas desde o mes de outubro.

A clausura das escolas municipais de patinaxe, taekwondo e tiro con arco será o martes 16 de maio, ás 18:00 horas, no pavillón de Vimianzo.

O sábado 20, ás 18:00 horas, o Auditorio Municipal de Vimianzo acollerá o remate de actividades da escola municipal de teatro cunha mostra de teatro infantil e xuvenil. As entradas para acudir a este evento son gratuítas pero será preciso retirar os tíckets en woutick.es.

Na mesma plataforma, e coas mesmas condicións, poderanse adquirir as entradas para ‘Sombras na noite de Woody Allen’, unha obra interpretada pola propia escola municipal de teatro que terá lugar no Auditorio o domingo 21 de maio ás 20:00 horas.

Por outra banda, tamén se celebrará a inauguración da exposición dos traballos realizados pola escola municipal de arte e panillo. Será o venres 26, ás 20:00 horas, na Sala Antón Mouzo.

Por último, o sábado 27 de maio será o festival de clausura da escola municipal de música e danza. A cita desenvolverase na praza do Concello a partir das 18:00 horas.

Descargas

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X