Concello de Vimianzo
2 de decembro de 2023
O corazón da Terra de Soneira

Formación

Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello

Convocatorias

Emprego

Público

ver todos

Privado

Nestes momentos non hai ofertas privadas

Novas

14-04-2023

Vimianzo celebrará o ‘Día do libro’ con dous escritores locais coma protagonistas, ademais dunha actividade infantil


Con motivo Día Internacional do Libro, que se celebrará o vindeiro 23 de abril, Vimianzo acollerá diversas actividades con autores locais como protagonistas.

O sábado 22, Xosé Gándara Arxomil presentará na Casa da Cultura de Vimianzo a súa obra Cemiterios egrexios e tumbas de poetas, un libro no que poder saber máis sobre cemiterios moi antigos e recentes, situados en núcleos rurais ou urbanos e mesmo aqueles que xa non existen. O evento será as 19:00 horas.


Trátase dunha edición moi coidada, con imaxes de Rosa Pumar Fernández, que forma parte das accións do plan de reactivación turística e cultural da Xunta de Galicia.


O domingo 23 será a quenda da vimiancesa Mirian Gándara Blanco, quen presentará no mesmo espazo, pero ás 17:30 horas, a súa novela Las cinco reglas del amor.


Gándara Blanco xa conta con 17 obras publicadas no portal dixital Amazon, todas elas de temática romántica.


O domingo rematará cunha programación infantil a cargo de Polo Correo do Vento, quen chegarán ao Auditorio Municipal de Vimianzo ás 19:00 horas con Periplo Atlántico, unha homenaxe a Castelao, una iniciativa na que se mesturan contos, debuxos e música. A actividade é de balde.

Descargas

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2023 +
- decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X