Concello de Vimianzo
19 de xuño de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

11-04-2023

Sanxenxo e Tenerife Sur, os dous destinos que poderá gozar a veciñanza da terceira idade de Vimianzo


O Concello de Vimianzo organiza dúas viaxes a diferentes puntos da xeografía española destinadas á veciñanza da terceira idade, concretamente a Sanxenxo e a
Tenerife Sur.


As persoas de 55 ou máis anos poderán hospedarse no Hotel Carlos I de Sanxenxo do 8 ao 11 de maio. Desfrutarán do spa, da gastronomía e de diferentes actividades de lecer. O segundo dos destinos desenvolverase durante oito días na primeira quincena de outubro. Neste último caso as prazas poderán reservarse a partir do 3 de xullo.


As inscricións poderán facerse efectivas desde o xoves 13 de abril na Área de Benestar Social. Son prazas limitadas e iranse cubrindo por estrita orde de solicitude. 


A visita a Sanxenxo inclúe a estancia de 3 noites no hotel con pensión completa, tratamento termal, animación e seguro de viaxe. Por motivos de organización, é imprescindible presentar o DNI en vigor durante a viaxe. 


Para máis información, pódese chamar ao teléfono 981 70 74 26. 

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- xuño +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
3
4
5
6
7
8
9
10
11
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X