Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

06-04-2023

Vimianzo celebrará a XIX edición da festa dos maiores con grandes actuacións musicais e sorteo de agasallos

A veciñanza de Vimianzo poderá desfrutar este ano da XIX edición do ‘Xantar dos nosos maiores’, una iniciativa organizada polo Concello co obxectivo de crear unha cohesión social entre as persoas de máis idade do municipio.

A xornada desenvolverase o vindeiro sábado, 29 de abril, no pavillón municipal de Vimianzo. A apertura de portas e benvida será ás 12:00 horas con Pasarela Big Band para, ás 12:30 horas, dar paso á misa cantada. Sobre as 13:15 horas actuarán a Coral municipal e Pasarela Big Band, previo xantar ás 14:00 horas.

Xa pola tarde, ás 17:00 horas será a quenda das actuacións musicais fortes como Noli, cantante da orquestra ‘Los Satélites’; César Romero, director da formación ‘Cinema’; Antonio Barro, gañador do concurso ‘Recantos’ de Luar; e Paco Lodeiro, presentador. Tamén haberá sorteo de agasallos ás 18:00 horas.

Poderán participar aquelas persoas de 60 ou máis anos, as cales deberán inscribirse antes do 24 deste mes. Esta actividade é de balde pero será preciso recoller a invitación na casa consistorial presentando o DNI e unha carta remitida desde o Concello previamente.

Esta XIX edición enmárcase nunha programación lúdica, de ocio e de atención e coidados destinada á veciñanza de máis idade. Ademais do programa de baile social que ten lugar cada domingo, de 19:00 a 22:00 horas no restaurante Pastoriza; talleres de memoria ou programas de Termalismo Social, hai programadas dúas viaxes para coñecer outros lugares e paraxes da xeografía española.

O primeiro destino é Sanxenxo, onde a veciñanza de Vimianzo de 55 ou máis anos poderá desfrutar, do 8 ao 11 de maio, dunhas xornadas de descanso no Hotel Carlos I. A viaxe inclúe diversas actividades relacionadas coa gastronomía ou o lecer.

As inscricións poderán realizarse a partir do xoves, 13 de abril, na área de Benestar Social do Concello ou chamando ao 981 70 74 26.

A segunda viaxe ten como protagonista Tenerife Sur, desenvolvéndose durante oito días na primeira quincena de outubro. As prazas poderán formalizarse a partir do 3 de xullo, de novo, na área de Benestar.

Descargas

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X