Concello de Vimianzo
25 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

25-03-2023

O Concello programa unhas novas visitas guiadas e teatralizadas ao Castelo pola Semana Santa


O Concello de Vimianzo organiza unha nova programación cultural de cara á Semana Santa que, coma cada ano, terá de protagonistas o patrimonio e a artesanía do municipio. As actividades desenvolveranse do 1 ao 9 de abril.


O programa cultural contempla as xa tradicionais visitas guiadas ao Castelo. Desenvolveranse ás 10:30, 16:00, 18:30 e 19:00 horas. Os días 1 e 2 tamén haberá ás 12:00 horas. O luns 3 o Castelo permanecerá pechado.


Por outra banda, as visitas teatralizadas terán lugar ás 12:30 e 17:00 horas do 6 ao 8 de abril, mentres que o día 9 serán ás 12:30 horas. Correrán a cargo do grupo ‘Os Quinquilláns’.


Nos Batáns do Mosquetín realizaranse visitas guiadas do 4 ao 9 de abril ás 12:00 e ás 13:00 horas, mentres que no Castro das Barreiras celebraranse ás 17:00 horas nas mesmas xornadas.


As actividades son gratuítas reservándose 20 prazas para participar nas visitas guiadas e 100 para as teatralizadas. As inscricións deberán facerse a través da web municipal ou escaneando o código QR do cartel. En ambos os casos será necesario cubrir este formulario. Máis información chamando ao 981 716 001.

Mostra de Artesanía en Vivo

O Castelo acollerá a unha das iniciativas máis especiais en relación á cultura e á artesanía do municipio e da comarca como é a ‘Mostra de Artesanía en Vivo’.


Durante todos os días, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:30 horas, as persoas que visiten o monumento durante a Semana Santa poderán gozar de varias demostracións de tratado do liño, encaixe, maquetaxe de barcos, traballos en palla, artesanía de prata e vidro e traballos en coiro e papel.


A alcaldesa, Mónica Rodríguez, destaca que este é un programa “organizado para que todas as persoas que visiten A Costa da Morte, e especialmente Vimianzo, poidan achegarse ata o noso Castelo, Batáns e Castro das Barreiras para descubrir todo o noso potencial e toda a nosa artesanía”.

Descargas

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X