Concello de Vimianzo
27 de xullo de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

10-03-2023

Vimianzo, un dos concellos máis sostibles da comarca grazas á renovación de máis de 4.500 puntos do alumeado exterior


O Concello de Vimianzo presenta a súa candidatura na Costa da Morte para ser un dos municipios máis sostibles en canto ao alumeado público grazas á renovación das luminarias exteriores, situación derivada das axudas a EELL para proxectos de inversión en economía baixa en carbono, que comezara a finais de outubro de 2021.

Cun orzamento que ascendeu a 2,3 millóns de euros, esta actuación é unha das de maior investimento levadas a cabo nesta lexislatura. Desde o IDAE aportouse o 80% do presuposto, achegando o Concello o 20% restante, para acadar un aforro de case un 50 % para as arcas municipais, toda a vez que se mellora a estética e a seguridade tanto dos peóns como dos condutores e condutoras.

Ademais, este é  un dos proxectos con máis responsabilidade medioambiental posto que as luminarias empregan o 95 % da enerxía da luz desperdiciando tan só un 5 % en calor, o que as fai máis duradeiras.

Renovación de máis de 4.500 puntos de luz

A renovación de máis de 4.500 puntos luminosos de tecnoloxía LED levouse a cabo nos 133 lugares do municipio. Cabe destacar a instalación de modernos báculos que se iluminan de xeito ininterrompido e intermitente, independentemente de se cruza ou non unha persoa.

O concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, lembra o “bo ritmo de tempos co que se avanzou durante todas as intervencións”, incidindo no “aumento da visibilidade nas estradas e rúas así como a notable mellora da seguridade viaria”.

Pola súa banda, a rexedora, Mónica Rodríguez, fai fincapé en que “esta ambiciosa actuación era moi necesaria porque significaba un paso adiante non só na prestación de servizos ao pobo, senón tamén na posta sobre a mesa da necesidade de traballar pola seguridade viaria de toda a veciñanza, sobre todo daquelas persoas de máis idade ou con algún problema de mobilidade”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
18
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X