Concello de Vimianzo
27 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

17-02-2023

O Concello continúa as formacións en materia de igualdade en todos os sectores implicados coa mira posta nun protocolo de actuación común

O Concello continúa as formacións en materia de igualdade en todos os sectores implicados coa mira posta nun protocolo de  actuación común

O Concello de Vimianzo impulsa un novo curso para erradicar a violencia de xénero coa mira posta nun protocolo de actuación común. Onte, xoves 16 de febreiro e hoxe, 17 de febreiro, persoas do ámbito educativo, servizos sociais e Policía Local acuden ás aulas para participar nunha mesa de coordinación impulsada pola Administración local. Están impartidas por Xiomara Lazo, axente de igualdade do Concello de Vimianzo.

Reactiváronse estes órganos en 2019, con perspectiva de futuro e coas que se busca a implicación de toda a  sociedade, dos ámbitos educativo, sanitario, asociativo, deportivo, cultural, forzas e corpos de seguridade do Estado, xudicial, etc.

Desta volta, as persoas que participan neste curso de cinco horas, tanto presencial como virtual, pertencen ao ámbito educativo, dos institutos e colexios locais, ademais de Servizos Sociais municipais e Policía Local. O obxectivo principal é poder facerlle fronte aos casos de violencia de xénero de maneira coordinada, e por isto se lles fai entrega dun cuestionario individual para, cando se convoque a mesa inter institucional, se poidan poñer en común os datos obtidos e elaborar así unha diagnose para coordinar as accións de cara a chegar a
un protocolo común de actuación.
A concelleira de Igualdade, María José Pose, avanza que “todas e cada unha destas accións teñen unha razón de ser, que non é outra que a concienciación sobre o problema social que supón a violencia de xénero e dotar a todos os estamentos sociais de ferramentas para poder freala, combatela e, nun futuro, poder erradicala das nosas vidas”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X