Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

01-02-2023

A Casa da Cultura acollerá este mes de febreiro a exposición 'Encontro a tres'

A Sala de Exposicións Antón Mouzo da Casa de Cultura de Vimianzo contará este mes de febreiro coa mostra ‘Encontro a tres’ de Isabel Soutullo (Coristanco), Josecho González (Carballo) e Maribel Castiñeira (A Laracha).


Os tres artistas bergantiñáns traerán a Vimianzo case unha trintena  de obras de diferentes estilos e modalidades onde destacan a cor, as formas xeométricas e diversas composicións pictóricas.


A exposición inaugurarase este venres, ás 19:30 horas, e poderá visitarse ata o martes 28 de febreiro.


Desde o Concello animan á veciñanza e visitantes a desfrutar “dunha mostra realizada por artistas da comarca que logran expresar os seus sentimentos e a súa forma de vida a través da súa arte”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X