Concello de Vimianzo
27 de xullo de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

28-01-2023

Vimianzo presenta unha programación de Entroido con moita animación e un concurso de disfraces que repartirá preto de 3.000 euros en premios

O certame desenvolverase o sábado 18 e as inscricións para participar deberán formalizarse na Casa da Cultura antes do día 16

O Concello de Vimianzo presenta unha programación de Entroido para todos os públicos onde destaca o seu recoñecido concurso de disfraces, no que se repartirán case 3.000 euros en premios.

O venres 17, de 17:00 a 20:00 horas, a praza do Concello contará con inchábeis e flocos de millo para, á última hora, bailar ao ritmo de DJ Rokiño.

O sábado 18 será o día grande co concurso de disfraces a partir das 17:00 horas. Terá lugar na praza do Concello onde, de 20:00 a 22:00 horas aproximadamente, haberá actuacións musicais a cargo do Dream Team formado polos artistas Tamara Fernández, Ana Paz e César Romero (integrantes  da orquestra  Cinema), Tania Veiras e Édgar Bao (La Voz Kids). Ademais, ás 21:30 horas o vimiancés DJ Rokiño presentará o seu segundo tema.

 

Premios e inscricións

Este ano no Entroido de Vimianzo repartiranse 2.870 euros en premios que se dividirán da seguinte forma segundo se acade o primeiro, segundo e terceiro postos: as comparsas optarán a 1.000, 500 e 200 euros; os grupos poderán gañar 300, 200 e 100 euros e a xente que participe por parellas recibirá premios por valor de 100, 75 e 50 euros. No apartado individual haberá dúas categorías e, de novo, tres premios: na modalidade infantil repartiranse 60, 40 e 20 euros mentres que os adultos optarán a 100, 75 e 50 euros.

As bases do concurso poden consultarse na páxina web municipal (vimianzo.gal) e as inscricións deben formalizarse na Casa da Cultura antes do 16 de febreiro, inclusive.

Desde o Concello agardan unha gran acollida xa que “o Entroido de Vimianzo e o seu concurso teñen moita historia na Costa da Morte e de seguro que este ano repetiremos éxito de participación e de diversión”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
18
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X