Concello de Vimianzo
8 de febreiro de 2023
O corazón da Terra de Soneira

Novas

10-01-2023

Vimianzo retoma esta fin de semana o proxecto ‘A Costa da Vida’ cunha primeira actuación en Cereixo


O Concello de Vimianzo xa conta os días para retomar a programación de ‘A Costa da Vida’, un dos 15 proxectos subvencionados pola Xunta ao abeiro da primeira convocatoria do fondo Territorio Cultura da Xunta de Galicia dotada inicialmente con 630.000 euros.

O programa completo presentárase oficialmente o pasado mes de outubro cun concerto de luxo, o 5 de novembro, a cargo de Mercedes Peón, Ana Fernández e Mónica Nut; e, esta fin de semana, arrincan as primeiras funcións. O sábado 14 a escola de Vilar, en Cereixo, acollerá o espectáculo de comedia ‘Dous no camiño’ con Fran Rei e Isa Risco. Será ás 13:00 horas. Dirixida por Avelino González a partir de textos de Roi Vidal e Xurxo Barcala, esta obra foi creada especificamente para a programación do Xacobeo Vive o Camiño 2017. Nesta montaxe, dirixida a todos os públicos e cunha posta en escena moi sinxela, revísanse tres das lendas xacobeas máis populares: a do cabaleiro francés Roldán, a da barca de pedra de Muxía, e a traslatio do Apóstolo Santiago a Compostela.

Ao día seguinte, Píscore aterrará co seu ‘Concerto Singular’ no local social de Comareiro, en Serramo. Será ás 12:00 horas. O espectáculo, premio do público Festiclown 2017, ten como protagonistas a catro grandes solistas que deberán organizarse para tocar xuntos nun concerto. Esta proposta mestura o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual, o clown e a participación do público.

 ‘A Costa da Vida’ consta de 18 intervencións artísticas de primeiro nivel do panorama cultural galego con disciplinas como a música, a narración oral, o teatro e a comedia. O obxectivo é implicar á veciñanza en xeral, e ao tecido asociativo en particular, para acadar unha dinamización sociocultural do municipio recuperando a vida e a cohesión social dos núcleos habitados da localidade a través da cultura.

Desde o Concello agardan que o público desfrute “de obras, espectáculos e concertos de gran calidade” que se estenderán por todas as parroquias porque a cultura é “un ben que debemos coidar e ao que todo o mundo debe ter acceso”.

Descargas

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2023 +
- febreiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira CeMIT Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X