Concello de Vimianzo
24 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

09-01-2023

Manuel Piñeiro López e María del Mar Delgado González, gañadores absolutos do Campionato Galego de Duatlón Cros e do XIV Duatlón de Reis


Os fortes ventos e a intensa chuvia non foron obstáculo para as máis de 200 persoas que se deron cita na mañá deste domingo no XIV Duatlón de Reis. A proba, que xa se consolida como un dos eventos deportivos máis importantes da Costa da Morte e da provincia da Coruña, volveu coroar a María del Mar Delgado González (Club Tríatlon Ferrol) como gañadora absoluta da categoría feminina mentres que Manuel Piñeiro López (Cidade de Lugo Fluvial) acadou o primeiro posto na masculina. Piñeiro López chegou á liña de meta nun tempo de 01:31:32, conseguindo ser campión deste evento deportivo por terceira vez. Delgado González, pola súa banda, revalida o título por sexta vez ao conseguir, este ano, a primeira posición cunha marca de 02:01:54. Ademais, ambos os dous foron coroados como campión e campioa galegos xa que esta edición tamén é Campionato Galego.

Por outra banda, este ano celebrouse un circuíto mozo para as categorías cadete, xuvenil e júnior na distancia supersprint. Na cadete masculina sobresaíu Raúl Naveira Filgueiras (independente por un día) e na feminina Mariña Esmorís Varela (A. Polideportiva San Ramón de Vilalba).

Na categoría xuvenil acadaron o primeiro posto Anxo Bello Rodríguez (A.D. Fogar) e Lucía Piñón Pereira (A.D. Náutico de Narón); mentres que no ámbito júnior destacou Rubén Otero Losada (A.D. Fogar)  na modalidade masculina e Ainoa Gontán Iglesias (Tríatlon Inforhouse Santiago) na feminina.

No apartado de relevos, puntuable para o circuíto galego, Damián Novoa Rodríguez e José Ramón Villanueva Sabucedo (Codigobike) conseguiron o mellor tempo con 01:34:18 na categoría masculina, mentres que na mixta destacaron Alberto Gómez Vila e Noemi Pena Carbón (Atosteam) con 01:51:30. Por último, entregouse un recoñecemento a Gabriel Castiñeira Pais (Tríatlon Costa da Morte) por quedar primeiro na categoría local e cuarto na proba xeral.

Desde o Concello de Vimianzo móstranse moi orgullosos desta nova edición xa que “o tempo non acompañaba nada pero a xente non se amedrentou e repetimos un novo éxito”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X