Concello de Vimianzo
25 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

28-11-2022

Vimianzo acolle unha exhibición solidaria da Garda Civil para escolares na quenda de mañá e público xeral na tarde

Vimianzo acolleu hoxe unha exhibición solidaria da Garda Civil, que se desenvolveu no Polideportivo Municipal en horario de 10:00 a 14:00 pola mañá, para escolares e persoal dos centros educativos; e de 16:00 a 19:00 horas pola tarde, para público en xeral.

Ás 12:00 horas presentaron a actividade a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; a alcaldesa, Mónica Rodríguez; o tenente de alcaldesa, Víctor Muíño; a concelleira de Benestar Social, María José Pose e o alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño.

Durante a mesma, as forzas e corpos de seguridade que integran as unidades da Garda Civil da provincia, concretamente da Quinta Compañía, que abarcan desde A Laracha ata Muxía. Achegáronse ata o municipio para dar a coñecer as técnicas de investigación e rescate, así como os instrumentos e material cos que actúan.

Outro dos puntos fundamentais desta demostración foi a mostra de traballo de campo con exhibicións tales como demostracións de guías caninos de detección de drogas, helicóptero, vehículos varios, motocicletas e 4x4, equipos de Policía Xudicial, etc. Centos de rapazas e rapaces se deron cita pola mañá, na que puideron comprobar de primeira man como traballan os equipos especializados da Garda Civil, presenciando en vivo, por exemplo, unha inmobilización nas alturas para o rescate dunha persoa sobre un río mediante o recurso de poleas; unha simulación, obviamente.
Esta actividade tamén tivo a súa parte solidaria, xa que as persoas asistentes puideron colaborar entregando calquera alimento non perecedoiro, nun dos postos que quedarán habilitados para tal fin na propia entrada do recinto deportivo. Desde leite, arroz, auga, legumes, produtos de aseo... Todos serán para colaborar nunha boa causa e serán doados a ONG’s.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X