Concello de Vimianzo
27 de xullo de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

24-11-2022

O Concello remata os traballos de remodelación do firme da vía que une Reparada e Castromil, na parroquia de Salto

O Concello de Vimianzo rematou os traballos de remodelación do firme da vía que une Reparada e Castromil, na parroquia de Salto. Actuouse nun total de 520 metros de lonxitude e 3,50 metros de ancho, e contou cun orzamento de 32.123,62 euros. Empregouse aglomerado en quente dun espesor de 6 centímetros.

Para isto, reparáronse previamente os baches e perfiláronse as mordentes con grava e un tratamento asfáltico semiprofundo. Limpáronse as gabias e salvagabias coa recuperación da súa sección hidráulica, permitindo a correcta drenaxe lonxitudinal e transversal do camiño, a correspondente sinalización horizontal, a colocación dun sinal de STOP e a instalación dunha barreira de seguridade.

O edil de Obras, Miguel Ángel Pérez, constata que “estas intervencións eran moi demandadas pola veciñanza tanto de Reparada, de Castromil e da contorna da parroquia de Salto. Continuaremos os vindeiros meses executando traballos que melloren as conexións inter parroquiais e optimicen os servizos no noso rural, das 14 parroquias que nos conforman”, comentaba.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
18
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X