Concello de Vimianzo
30 de novembro de 2022
O corazón da Terra de Soneira

Novas

15-11-2022

O auditorio da Casa da Cultura acollerá este sábado a representación de N.E.V.E.R.M.O.R.E, de Grupo Chévere

O auditorio da Casa da Cultura do Concello de Vimianzo acollerá este sábado a representación de N.E.V.E.R.M.O.R.E, de Grupo Chévere, recomendada para maiores de 12 anos e que versa sobre a catástrofe do buque Prestige.

Esta obra pódese referir tanto a corvos que falan como a pobos que berran, pero a intención é a mesma: facer memoria. A idea é seguir usando procedementos documentais para crear ficcións a partir da nosa memoria colectiva. Neste caso, o elenco disponse a comprobar se a historia do Prestige foi algo máis ca unha catástrofe ecolóxica, porque o mellor “é unha tremenda metáfora e haina que comprender como un aviso que estaba por chegar”, comentan desde a compañía.

O inicio do traballo foi en marzo de 2020, cando a chegada dun virus demostrou que todo pode mudar, que o mundo pode parar e un ano despois comprobouse o enorme esforzo que se estaba a facer para que todo volvese a ser como antes. Trátase dunha historia para non esquecer tan facilmente que as cousas poden ser doutro xeito. 

Esta obra é a resposta indescifrable que o corvo do poema de Poe dá unha e outra vez ás preguntas dun home que perdeu o que máis quería. N.E.V.E.R.M.O.R.E. podería ser un S.O.S. emitido á desesperada no código internacional de sinais marítimos. Ou o acrónimo dunha gran corporación que sabe que hai sitios con xente que se poden sacrificar para que todo siga funcionando.

No reparto, iluminación, espazo escénico, espazo sonoro, vestiario, iluminación e son: Manuel Cortés, Miguel de Lira, Patricia Lorenzo, Borja Fernández, Mónica García, Arantza Villar, Nekane Fernández, Carlos Alonso, Xacobe Martínez Antelo, Uxía P. Vaello, Fidel Vázquez e Xurxo Pinheiro. 

Para adquirir as entradas pódese facer en www.woutick.es ou na billeteira da Casa da Cultura de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas. O día da función, na billeteira da Casa da Cultura desde unha hora antes do inicio do espectáculo. 

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Dbarrio. Comercion online
Axenda
- 2022 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira CeMIT DBARRIO Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X