Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo, Cáritas e Cruz Vermella asinaron onte a colaboración para retomar a Gala Solidaria, tras dous anos de irrupción pola pandemia da COVID-19.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez; a presidenta de Cruz Vermella, Rebeca Rodríguez e María Carmen Vázquez Canosa, directora adxunta de Cáritas, rubricaron onte o acordo mediante o cal se dá a coñecer que a Plataforma Solidaria de Vimianzo está a organizar este evento.
Tanto a Administración local como as organizacións involucradas agradecen a colaboración da veciñanza pola axuda prestada, empatía e comprensión, por tender unha man ás persoas máis favorecidas e, en definitiva, por ser e formar parte tanto de Cruz Vermella como de Cáritas. Así mesmo, instan á poboación local a ser partícipe para involucrarse en todo o proceso e organización, e para elo póñense á disposición de todasaquelas interesadas e interesados a ser parte do organigrama de voluntariado. Tamén se informa ás veciñas e veciños que se poden realizar doazóns de alimentos a través das “caixas solidarias” a disposición nos supermercados, igrexas, centros educativos e sedes de Cáritas e Cruz Vermella.
Tamén se pode colaborar economicamente con esta acción no número de conta ES51 2080 0082 4130 0007 3452 de ABANCA. Para máis información, pódese contactar nos teléfonos 981 71 71 36 (Cruz Vermella), 686 05 05 85 (Cáritas) ou 981 70 74 25 (Servizos Sociais).