Concello de Vimianzo
27 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

26-10-2022

DÍAS AZUIS DO COMERCIO GALEGO. EDICIÓN OUTONO 2022

A campaña "Días Azuis do Comercio Galego" é unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia coa colaboración de ABANCA e as federacións provinciais, asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos de Galicia.

A campaña terá lugar entre o 1 e o 20 de Novembro de 2022 e nela poden participar todos os clientes do comercio de proximidade de Galicia que merquen nestas datas. Entre eles sortearanse 12.000 euros en premios, distribuidos en 24 tarxetas prepago regalo de 250 euros (6 por provincia) e 40 tarxetas de 150 euros (10 por provincia), que deberán ser empregadas para volver a mercar nos establecementos tradicionais galegos ata o 30 de Xuño de 2023.

O sorteo realizarase ante notario o 24 de Novembro de 2022.

Os teus clientes poden participar de 2 maneiras diferentes:

  1. Rexistrando a súa compra na páxina web www.diasazuis.com
  2. Ou coa túa colaboración, comerciante, a través desta mesma páxina web www.diasazuis.com/comercios, onde, previo rexistro do teu comercio, podes rexistrar directamente a operación de compra dos teus clientes. Deste xeito, o consumidor obterá unha participación a maiores para o sorteo.

* En ámbolos dous casos, o cliente debe fotografiar e/ou gardar o seu ticket de compra como xustificante da mesma.

Os gañadores dos premios serán contactados pola Federación Galega de Comercio para informarlles do premio obtido e cando será entregado. Así mesmo, os gañadores do sorteo publicaranse nesta mesma páxina web unha vez finalizada a campaña.

Podes consultar calquera dúbida ao respecto no teléfono gratuito 900 103 087 ou a través do correo electrónico dptocomunicacion@comerciogalicia.es

Podes pasar a recoller no departamento de promoción económica do Concello de Vimianzo material promocional da campaña para informar da mesma no propio establecemento, na páxina web www.diasazuis.com tendes o mesmo material para publicitar nas redes sociais ou páxinas web.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X