Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

20-10-2022

O Concello organizará o vindeiro 31 de outubro ‘O noso Samaín’

O Concello de Vimianzo organizará o vindeiro 31 de outubro, en horario de 17:00 a 19:00 horas, ‘O noso Samaín’, un obradoiro para a rapazada en idades de entre 5 e 10 anos e que acollerá a Biblioteca Municipal da Casa da Cultura.

Haberá dispoñibles un total de 20 prazas e a inscrición poderá formalizarse na Casa da Cultura do 21 ao 27 de outubro, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Para máis información, as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 981 717 288.

Trátase dunha actividade para que as nenas e nenos coñezan a historia e a orixe do Samaín a través da lectura, complementada con actividades de manualidades. Unha xornada de animación á lectura e ás tradicións.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X