Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

07-10-2022

O Concello promove doutra volta o programa de andainas ‘Recunchos de outono’ con tres xornadas que darán comezo o vindeiro día 15 de outubro

O Concello promove doutra volta o programa de andainas ‘Recunchos de outono’ con tres xornadas que darán comezo o vindeiro día 15 de outubro

O Concello de Vimianzo promove doutra volta o programa de andainas ‘Recunchos de outono’, con tres andainas nas que as persoas inscritas poderán desfrutar da ‘Ruta do mel’ o 15 de outubro; ‘Bamiro: un paseo pola historia’ o 30 do mesmo mes ou ‘Entre Carnés e Cereixo’, o 19 de novembro. 

Poderase realizar a inscrición a través do enderezo web municipal, en https://bit.ly/3VlfQ9s ou escaneando o código QR presente nos carteis que se atopan nos perfís oficiais das redes sociais municipais. 

A saída será ás 9:30 horas e a volta sobre as 14:00 horas. Recoméndase levar comida, bebida e calzado e roupa axeitados. As tres actividades son totalmente de balde, e como se trata de rutas circulares, os desprazamentos ata o punto de inicio serán por conta allea. 

A primeira das actividades, a ‘Ruta do mel’, constará de 9 quilómetros e onde o principal atractivo serán as máis de doce alvarizas que se ubican no Monte Faro. Seguindo o curso do rego das Borrallas, o rego Mourelos e o rego do Monzo, descubriremos multitude destes singulares elementos que nalgún tempo fixeron deste monte un dos máis ricos da comarca en produción de mel. +

Na segunda, ‘Bamiro: un paseo pola historia’, percorreranse 14 quilómetros por algúns dos lugares máis emblemáticos da parroquia e da contorna do río Grande ao seu paso pola Piroga e Baio. A capela de Monte Torán, Pedra Vixia ou o Cruceiro dos Santos, algúns dos puntos do percorrido. +

Por último, entre Carnés e Cereixo, o 19 de novembro, pechará o programa ‘Recunchos de outono’ con outros 9 quilómetros de percorrido, unha andaina con esencia, alma e tradición. Durante a mesma, albiscaranse paisaxes de ribeira e interior, numerosos muiños, un dos cabazos máis grandes da Costa da Morte ou a igrexa de Santiago de Cereixo e a súa Traslatio.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X