Concello de Vimianzo
5 de outubro de 2022
O corazón da Terra de Soneira

Formación

Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello

Convocatorias

Emprego

Público

ver todos

Privado

Nestes momentos non hai ofertas privadas

Novas

13-09-2022

A Axencia Galega de Industrias Culturais recoñece a iniciativa do Concello de Vimianzo co proxecto ‘Costa da Vida’

A Axencia Galega de Industrias, AGADIC, vén de recoñecer a iniciativa presentada polo Concello de Vimianzo co proxecto ‘Costa da Vida’. Fíxose pública onte a adxudicación dos primeiros 630.00 0euros do novo fondo do Territorio Cultura. O obxectivo destas 15 propostas, entre as que se atopa a vimiancesa, é ampliar e diversificar o tecido cultural nos núcleos non urbanos. A proposta local acadou a máxima puntuación.

O obxectivo principal de ‘Costa da Vida’ é implicar á veciñanza en xeral, e ao tecido asociativo en particular, para a dinamización sociocultural do municipio, recuperando a vida e a cohesión social dos núcleos habitados do municipio a través da cultura e dunha visión e mensaxe positivas da nosa terra e da nosa comarca.

Trátase dun proxecto diferente que chegará a todos os estamentos da sociedade vimiancesa para converterse nun elemento vertebrador e transversal, introducindo unha intensa actividade cultural con compoñentes contemporáneos na vida cultural do municipio. Consta de 18 intervencións artísticas de primeiro nivel do panorama cultural galego, con disciplinas como a música, a narración oral, o teatro e a comedia. 

A concelleira de Cultura, Rosa Blanco, quixo destacar “o traballo de todo o equipo encargado de idear, redactar e fundamentar esta proposta”, sinalando “a gran tarefa que hoxe ten a súa recompensa e que agardamos, vexa a luz nos vindeiros meses”. 

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Dbarrio. Comercion online
Axenda
- 2022 +
- outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira CeMIT DBARRIO Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X