Concello de Vimianzo
5 de outubro de 2022
O corazón da Terra de Soneira

Formación

Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello

Convocatorias

Emprego

Público

ver todos

Privado

Nestes momentos non hai ofertas privadas

Novas

10-09-2022

Os traballadores municipais rematan o Curso Básico de Igualdade no marco do IV Plan de Igualdade 2022-2026

Os traballadores municipais do Concello de Vimianzo remataron o Curso Básico de Igualdade, no marco do IV Plan de Igualdade 2022-206 elaborado pola Administración local e destinado a persoal do propio Concello.

Trátase dunha formación específica sobre o uso da linguaxe inclusiva entre o persoal municipal. Tamén para implementar as medidas tendentes á utilización dunha linguaxe e imaxes inclusivas e non discriminatorias, e promover a concienciación do persoal municipal para o uso dunha linguaxe e imaxes non sexistas. 

Nesta formación tratáronse os conceptos básicos á hora de abordar a igualdade e desde a posición da Administración á hora de liderar os temas de xénero. O obxectivo xeral foi favorecer o coñecemento do principio de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, e aplicalo nas políticas municipais.

Especificamente, trátase de promover o efectivo cumprimento do principio de igualdade de trato e oportunidades na Administración municipal. 

Os plans de igualdade consolídanse como unha ferramenta útil e eficaz de planificación estratéxica, a medio-longo prazo, das políticas de igualdade. Contén os obxectivos, liñas de actuación e medidas prácticas que contribuirán á diminución dos desequilibrios e desigualdades existentes entre mulleres e homes no concello de Vimianzo.

Todo Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades ten que axustarse á realidade do territorio no que se pretende intervir. O principal obxectivo do Plan de Igualdade do Concello de Vimianzo é promover cambios en prol da igualdade de oportunidades e á non violencia cara ás mulleres nun contexto patriarcal, machista e discriminatorio, mediante a incorporación do principio de igualdade, transversalidade e da integración da perspectiva de xénero en cada actuación municipal.

A concelleira de Igualdade, María José Pose, admite estar “moi satisfeita co traballo realizado, coa implicación do persoal e coa evolución en termos de implementación de medidas cara unha sociedade igualitaria en todos os seus ámbitos”, e quixo agradecer a traballadoras e traballadores municipais “que teñan participado cun alto grao de interese nesta formación”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Dbarrio. Comercion online
Axenda
- 2022 +
- outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira CeMIT DBARRIO Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X