Concello de Vimianzo
5 de outubro de 2022
O corazón da Terra de Soneira

Formación

Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello

Convocatorias

Emprego

Público

ver todos

Privado

Nestes momentos non hai ofertas privadas

Novas

09-09-2022

O Concello presenta as escolas deportivas e culturais para o curso 2022-2023

O Concello de Vimianzo deu a coñecer hoxe as escolas deportivas e culturais para o curso 2022-2023, baixo a denominación ‘Actívate’.  As preinscricións comezarán o vindeiro luns 12 de setembro, e ata o mércores 21 do mesmo mes, en horario de 9:00 a 14:00 horas nas oficinas municipais. 

No ámbito do deporte, haberá dispoñibilidade para fútbol, fútbol sala, pequemotricidade, tiro con arco, taekwondo, atletismo, escola multideportiva, tenis de mesa, patinaxe artística, ioga, pilates, aeróbic e actividade física para maiores. 

No relativo á cultura, haberá música contemporánea, música tradicional, baile e danza tradicional, arte, panillo, ludoteca, teatro e informática, tanto infantil como manexo de móbiles para adultos.

Haberá un límite de prazas en todas as actividades, coa posibilidade de inscribirse en 5 cada veciña e veciño. Terán preferencia os empadroados e no caso de que se superen as prazas ofertadas realizarase un sorteo público entre todas as preinscricións o venres 23 de setembro ás 13:00 na Casa da Cultura. 

A matrícula poderá facerse efectiva do luns 26 ata o xoves 29 de setembro e para a formación de grupos precisarán dun mínimo de 10 persoas inscritas, agás naquelas que se especifique outra cousa. Cando a asistencia ás actividades sexa inferior a 8 persoas de xeito reiterado suspenderanse ditas actividades. 

Todas as persoas que non asistan a ningunha clase entre o 3 e o 15 de outubro serán dadas de baixa automaticamente e chamarase ás seguintes da lista de agarda. 

O inicio das actividades será o 3 de outubro, con remate o 31 de maio de 2023. Os horarios poden sufrir modificacións. 

Descargas

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Dbarrio. Comercion online
Axenda
- 2022 +
- outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira CeMIT DBARRIO Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X