Concello de Vimianzo
5 de outubro de 2022
O corazón da Terra de Soneira

Formación

Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello

Convocatorias

Emprego

Público

ver todos

Privado

Nestes momentos non hai ofertas privadas

Novas

22-08-2022

O Concello comeza os traballos de recuperación do Cruceiro de Cheis, que retirará para a súa restrauración e datación

O Concello de Vimianzo comezou hoxe os traballos de recuperación do Cruceiro de Cheis, que retirará para a súa restauración e datación. As tarefas abranguen desde a adecuación da contorna ata as actuacións na base e no propio ben. 

Realizarase un estudo arqueolóxico integral, de restauración e tamén de tipo histórico-artístico, porque non están moi claras as datas de construción. Existe documentación que fala do século XIV, pero tamén do XV e máis do XVI. Trátase dun abano temporal moi amplo e preséntase agora a oportunidade de poder contextualizalo a través da metodoloxía arqueolóxica.

A estrutura presenta un deterioramento que fai necesario, como Ben de Interese Cultural, trasladalo ata a Escola de Bamiro para limpalo e consolidalo. Reporanse os anacos que lle faltan eliminando material sobrante. 

Por outro lado, reconstruirase o perímetro de observación, retranquearase dous metros a cada lado e configurarase novamente o valado intentando respectar os liques para non alterar a paisaxe que circundaba o cruceiro orixinalmente. 

Na excavación, no propio lugar de asentamento do ben, realizarase unha nivelación e conformarase unha nova zapata dependendo do sustrato existente. Si aparece rocha ou xabre, farase de argamasa, e senón, de cemento. Sobre esa peza colocarase un drentes, que é unha lámina que impide que as sales emigren cara arriba e afecte á pedra.  

Existen tamén referencias que falan de pinturas, polo que a limpeza será moi paulatina para ver si poden atoparse este tipo de elementos. O equipo está conformado por dúas arqueólogas, Cristina Seoane e Mónica Montero; unha restauradora, Comba Torre e un canteiro, Ismael Cernadas. 

Desde o goberno local sinalan que “este tipo de actuacións, que garanten a preservación e posta en valor dos bens patrimoniais, son esenciais non só para manter viva a nosa historia, senón tamén para descubrir máis sobre ela e realzar, aínda máis se cabe, a súa beleza”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Dbarrio. Comercion online
Axenda
- 2022 +
- outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira CeMIT DBARRIO Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X