Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

18-08-2022

Comeza a 'Semana da Cultura Urbana' de Vimianzo

Hoxe deu comezo a "Semana da Cultura Urbana" de Vimianzo co pintado de varios murais. Á presentación do programa, á que acudiron a concelleira de Benestar, María José Pose, e a técnica de Cultura, Nieves Lema, estenderase ata o 21 de agosto. 

Trátase dunha nova iniciativa lúdica e de aprendizaxe sobre a arte máis de rúa que achegará á mocidade diferentes talleres e espectáculos multidisciplinares na praza do Concello, ademais de contar coa intervención pictórica de dous muralistas galegos e un artista nacional. O programa, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña, inclúe tres talleres de murais colaborativos nos que participan as veciñas e veciños da vila de 10 ou máis anos. 

A semana rematará o domingo 21 de agosto na praza do Concello cunha xornada de portas abertas na que se desenvolverán talleres de breakdance, Dj, rap, parkour, graffiti, estampación de camisetas e slackline (deporte de equilibrio que se practica cunha cinta en en tensión anclada en dous soportes fixos) en horario de 18:00 a 21:00 horas. Ao remate da xornada urbana terá lugar o espectáculo ‘Ópera Breaks’, un show que mestura a ópera da soprano Esperanza Mara (EmanArte) cos ritmos urbanos de artistas da ‘Vella Escola’  nun formato moi innovador.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X