Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

11-08-2022

Vimianzo acollerá este ano a iniciativa ‘A vila do mañá’ tras ser seleccionada para a XII BIAU

Vimianzo acollerá este ano a iniciativa ‘A vila do mañá’, unha proposta lúdico educativa dirixida á rapazada para avaliar e recuperar a identidade dos seus pobos e cidades. A localidade soneirá formará parte deste proxecto tras ser seleccionada para a XII BIAU (Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Urbanismo).

Nos últimos anos esta iniciativa desenvolveuse en distintas localidades galegas chegando mesmo ata Sao Paulo, no Brasil. No caso de Vimianzo, as actividades e obradoiros desenvolveranse do 29 de agosto ao 2 de setembro. A programación contará cun total de 40 prazas e poderán inscribirse os nenos e nenas nados entre o 2010 e o 2016. É totalmente de balde. 

O reto principal deste proxecto é que a infancia e a adolescencia estean presentes de forma activa no proceso de construción dos espazos comúns, dotándoos das ferramentas necesarias para desenvolver a súa creatividade dende a arte e a arquitectura.

Deste xeito, a rapazada poderá desfrutar de actividades gratuítas relacionadas ca arte e a arquitectura nas rúas e espazos públicos de Vimianzo a través de seis conceptos: a percepción, o espazo, a paisaxe, a escala, a sustentabilidade, a vila, e con ferramentas coma o punto, a liña o plano e o elemento natural e tridimensional. Os obradoiros desenvolveranse de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

Desde o goberno local agardan que os nenos e nenas se sumen a unha proposta “dinámica, especial e moi importante para toda a veciñanza, posto de aquí poden saír as bases de moitos proxectos futuros que tan só traerían beneficios ao municipio”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X