Concello de Vimianzo
5 de outubro de 2022
O corazón da Terra de Soneira

Formación

Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello

Convocatorias

Emprego

Público

ver todos

Privado

Nestes momentos non hai ofertas privadas

Novas

08-08-2022

O Concello continúa mellorando os servizos públicos coa adquisición dun vehículo tipo pick up

O Concello de Vimianzo segue adiante co seu plan de mellora de servizos públicos a través da adquisición dun vehículo tipo pick up con plataforma elevadora por 77.004,4 euros.

O vehículo deberá ser compacto, non superando os 6,1 metros de longo e 2,7 de alto, permitindo ao equipo ter un bo comportamento fóra da estrada. A plataforma, pola súa banda, será aérea de dobre pantógrafo e de 16 metros de altura, facilitando os traballos de difícil acceso. 

As empresas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro mércores, 17 de agosto.

 
Adquisición dun tractor usado 
Por outra banda, tamén está pendente a adquisición dun tractor usado en conxunto co Concello de Dumbría tras un acordo firmado por ambos gobernos o 25 de febreiro deste 2022. Este proxecto de colaboración, que forma parte do denominado ‘Investimentos para o medio ambiente nos concellos de Dumbría e Vimianzo 2022’, levouse a cabo debido á necesidade de xestionar a limpeza e conservación dos espazos naturais existentes nas zonas limítrofes de cada municipio.

O tractor será usado principalmente para realizar labores de prevención,  extinción e xestión de situacións de sinistro ou risco nas que ambos concellos se poidan ver afectados.
 
 As persoas ou empresas licitadoras deberán presentar as súas ofertas obrigatoriamente de forma electrónica, a través da Plataforma de contratos do Sector Público, dentro do prazo de 15 días naturais a contar desde o día seguinte ao da publicación de licitación no perfil do contratante.
O importe total da contratación ascende a 47.000 euros, sendo sufragado con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, que concedeu aos Concellos de Vimianzo e Dumbría unha axuda de 35.550 euros. O resto será financiado polas Administracións locais a medias.

Tanto o vehículo pick up como o tractor usado deberán ser entregados antes do 25 de outubro deste ano.
Desde o goberno local destacan que estas adquisicións “permitirán ofrecer un mellor servizo á cidadanía ao incrementar as posibilidades de actuación en temas de limpeza e roza, sobre todo no rural e en zonas de difícil acceso, ademais de aumentar as capacidades de actuación dos empregados municipais en tarefas máis complexas”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Dbarrio. Comercion online
Axenda
- 2022 +
- outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira CeMIT DBARRIO Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X