Concello de Vimianzo
25 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

30-04-2012

Manuel Antelo inaugurou o telecentro da Devesa na presenza dos veciños e veciñas

A antiga escola da Devesa reconvertida en telecentro foi inaugurada o pasado venres polo alcalde ante a presenza de numerosos veciños e veciñas da parroquia de Carnés, Berdoias e Cereixo, futuros usuarios e usuarias, por proximidade, deste novo telecentro. Ás 12 da máñá Manuel Antelo descubría a placa na entrada da escola e abría a porta ao telecentro aos veciños e veciñas que se achegaron ao lugar. Unha vez dentro, para comprobar o bo funcionamento e o alcance do sinal de internet, o alcalde mostrou a páxina web do concello e visualizouse un vídeo de promoción de Vimianzo. Finalmente déronse a coñecer as llistaxes e horarios dos alumnos e alumnas matriculadas nos cursos que o concello ofertou para estas instalacións. O acto de inauguración rematou cun brinde e conversa entre os presentes.

O concello puxo en marcha hoxe mesmo o primeiro dos cursos ofertados: iniciación á informática. Un curso que se impartirá as mañás dos luns e dos mércores ata o vindeiro 30 de maio. Seguidamente comezará outro curso de internet básico, desde o 4 de xuño ata o 11 de xullo. Ao rematar este comezará un de correo electrónico que se prolongará ata o 8 de agosto e ao remate aprenderán a manexarse nas redes sociais, cun curos que empezará o 13 de agosto e rematará o 26 de setembro. 



 

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X