Concello de Vimianzo
11 de agosto de 2022
O corazón da Terra de Soneira

Novas

29-07-2022

O Concello de Vimianzo foi seleccionado, entre seis iniciativas, para desenvolver un proxecto sobre alimentación e cambio climático a nivel europeo

O Concello de Vimianzo acaba de ser seleccionado, xunto con outras cinco iniciativas, para participar no ‘FOOD WAVE’, un proxecto que forma parte do programa da Comisión Europea ‘DEAR – Educación para o Desenvolvemento e Sensibilización’ que ten por obxectivo apoiar e involucrar a opinión pública europea en temas sociais, económicos e ambientais a nivel mundial. ‘Food Wave Vimianzo’ desenvolverase desde o 1 de setembro ao 20 de decembro deste ano e vai dirixido a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos. O obxectivo principal é mudar o seu comportamento de consumo de alimentos e promover un cambio a sistemas alimentarios máis ecolóxicos e inclusivos para reducir o avance do cambio climático.

O proxecto que promoverán desde o Concello de Vimianzo contará cunha subvención de 5.000 euros e servirá para poñer en marcha talleres baseados no poder ecolóxico do consumidor de alimentos. Actividades que terán lugar en cociñas, xardíns, comedores ou hortos e que tamén estarán completadas con visitas a  industrias e lonxas de pescados.

As persoas participantes aprenderán sobre a identificación dos produtos locais, a filosofía Slow Food (alimentos bos, xustos e limpos) ou a preparación de comidas con baixo consumo de enerxía. Tamén se poñerán en marcha hortos urbanos e un xardín con plantas aromáticas de uso alimentario. Ademais, desenvolverase un taller sobre ferramentas TIC para crear contidos sobre o proxecto de cara a unha posterior divulgación.

‘Food Wave Vimianzo’ complementarase cunha campaña de participación cidadá na que se compartirán creacións relacionadas coa ecogastronomía. Os resultados daranse a coñecer a través dun libro virtual e un conxunto de vídeo receitas que se divulgarán a través da web municipal (vimianzo.gal) e redes sociais do Concello, medios de comunicación e presentación particulares. Tamén se promoverán actividades en conmemoración polo Día Internacional da Alimentación (16 de outubro) e o Día da Terra Nai (9 de decembro).

O PROGRAMA DEAR E O PROXECTO FOOD WAVE

O proxecto FOOD WAVE está coordinado por ALDA (Asociación de Entidades para a Democracia Local) en colaboración cos socios da iniciativa e en sinerxia co Pacto de Política Alimentaria Urbana de Milán (MUFPP). O seu principal obxectivo é crear conciencia sobre formas sostibles de consumir e producir alimentos para mitigar o cambio climático e activar aos mozos e mozas nas súas cidades, permitíndolles influír nas decisións institucionais de cara a alcanzar un sistema alimentario mundial sostible para o ano 2030.

A iniciativa, dirixida pola cidade de Milán, está coimplementada por ActionAid Italia, Fondazione ACRA, Mani Tese e 25 socios do proxecto en 16 países , incluída a Asociación Europea de Empresas Locais Democracia (ALDA).

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Dbarrio. Comercion online
Axenda
- 2022 +
- agosto +
L
M
M
X
V
S
D
28
29
30
31
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira CeMIT DBARRIO Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X