Concello de Vimianzo
11 de agosto de 2022
O corazón da Terra de Soneira

Novas

28-07-2022

Vimianzo, Muxía e Camariñas clausuran a terceira edición do obradoiro dual de emprego ‘Construíndo futuro’

Os Concellos de Camariñas, Muxía e Vimianzo clausuraron este xoves 28, ás 12:00 horas, a terceira edición do Obradoiro de Emprego “Construíndo Futuro”. Ao acto, celebrado na Casa de Pedra de Camariñas, acudiron a alcaldesa da localidade, Sandra Insua; a rexedora de Vimianzo, Mónica Rodríguez; e a secretaria territorial da Delegación da Xunta na Coruña, Patricia Rodríguez. O alcalde de Muxía, Iago Toba, excusou a súa presenza por motivos persoais.
 
A iniciativa, na que participaron un total de 20 alumnos e alumnas, desenvolveuse de forma conxunta desde agosto do pasado ano entre as tres localidades, sendo Camariñas o promotor. Os certificados de profesionalidade que se repartiron correspóndense cos de “Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes” e “Pavimentos e Albanelería de Urbanización”.
 
O alumnado desta última especialidade, “Pavimentos e Albanelería de Urbanización”, puxo en práctica as habilidades adquiridas nas aulas poñendo no concello de Camariñas. Neste municipio acondicionaron a praza da Insuela, mellorando a zona axardinada para mostrar unha continuidade de aspecto con outras zonas do pobo colocando pedra do país tipo Santiago. Para lograr isto, procedeuse a quitar o formigón armado, a terra sobrante e a pedra branca decorativa desta zona, substituíndoa por pedra do país tipo Santiago.
 
No concello de Vimianzo os alumnos e alumnas desta especialidade remataron as actuacións na escola de Subeiro e no pavillón de Baíñas. Na escola de Subeiro executáronse actividades técnicas como a eliminación do pladur que se atopaba en mal estado e procedeuse á substituír o mesmo por un novo con illamento de lana de roca, limpeza de humidades, pintado de paredes, lavado a presión de muros exteriores de pedra e posterior tratamento antihumidade no exterior. Nos catro vestiarios do pavillón de Baíñas colocaron azulexo nas paredes exteriores das duchas, encintando a totalidade do azulexo tanto no exterior coma no interior das duchas para evitar filtracións e humidades. Tamén se pintaron a totalidade das paredes do interior dos vestiarios e duchas con pintura plástica branca antihumidade e construíron un peche perimetral con muros de ladrillo do local anexo ao ximnasio municipal de Vimianzo.
 
Por outra banda, o alumnado do certificado de profesionalidade de “Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes” tamén realizou actuacións nos tres municipios organizadores. No concello de Muxía desenvolvéronse labores de mantemento das actuacións que se levaran a cabo previamente en Quintáns, Viseo e Caberta. Ao mesmo tempo, en Camariñas, os alumnos e alumnas acompañaron ao traballo  desenvolvido polo grupo de albanelería colocando terra vexetal e pedras brancas decorativas nos alcorques das árbores da praza da Insuela. Unha vez rematada dita actuación, realizaron a limpeza con máquina a presión de dita praza. A maiores disto, en Camariñas tamén procederon a unha limpeza exhaustiva tanto na zona do Mirador do Barrio de Corea como na praia da Area da Vila. No concello de Vimianzo fixeron labores de mantemento das actuacións feitas con anterioridade en Padreiro, Grixoa e Castrelo
 
A maiores das actuacións prácticas, o alumnado-traballador da especialidade de Montes realizou durante o mes de xuño o curso que estaba programado no proxecto do obradoiro “Formación nas tics: novas tecnoloxías aplicadas ao sector forestal”de 20 horas de duraciónimpartido  polo Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa. Dentro desta formación, tamén participaron nunha sesión formativa sobre o manexo de drons no ámbito forestal. Ademáis, o día 1 de xullo, o alumnado desta especialidade participou na viaxe de carácter didáctica á Feira Internacional de Galicia GALIFOREST co obxectivo de participar nas actividades organizadas na mesma, xa que se adecúan ó programa formativo do certificado de profesionalidade ampliando así a formación recibida ó longo do obradoiro e favorecendo a empregabilidade do alumnado-traballador.
 
O Obradoiro Dual de Emprego Construíndo futuro, que remata hoxe, 28 de xullo, foi posible grazas a unha subvención por valor de 346.946 euros da Consellería de Emprego e Igualdade.
 
A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, subliñou que esta clausura é “un fito que debe celebrarse por todo o alto xa que todo traballo é pouco cando se trata de ofrecer máis oportunidades de emprego á nosa veciñanza pero, sobre todo, á nosa mocidade”. Agradeceu a participación de todas as persoas e Administracións implicadas no proxecto, salientando o esforzo realizado polas Axentes de Desenvolvemento Local. “Seguiremos traballando e esforzándonos para seguir demandando axudas e melloras para o noso rural. Porque aquí tamén hai futuro, e porque é a nosa obriga para con todos e todas vós”, destacou a rexedora.
 
Pola súa banda, a súa homóloga no Concello de Vimianzo, Mónica Rodríguez, recalcou a importancia desta aprendizaxe que posibilitou ás persoas participantes valorar o traballo e o compañeirismo, algo que “vos permitirá seguir loitando polos vosos soños a nivel laboral pero tamén persoal, porque neste Obradoiro estou segura de que tamén medráchedes como persoas”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Dbarrio. Comercion online
Axenda
- 2022 +
- agosto +
L
M
M
X
V
S
D
28
29
30
31
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira CeMIT DBARRIO Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X