Concello de Vimianzo
11 de agosto de 2022
O corazón da Terra de Soneira

Novas

20-07-2022

Avanzan a bo ritmo as obras de formigonado da ODT na vía que une Baíñas con Dumbría

Avanzan a bo ritmo as obras de  formigonado da ODT na vía que une Baíñas  con Dumbría

O Concello de Vimianzo, en virtude de mellorar as conexións interurbanas, comezou o pasado mes xuño coa obra de construción dunha ODT (Obra de Drenaxe Transversal) na vía que une Baíñas con Dumbría, que mellorará tamén a pavimentación con actuacións tanto na súa plataforma como nos elementos de drenaxe.

Como se pode ver na imaxe, as obras de formigonado da ODT avanzan a bo ritmo, parte fundamental para poder abrir á circulación esta vía tan transitada, fito que “é a nosa vontade desde o primeiro día do inicio das obras”, argumentan desde o Consistorio.

Nun primeiro termo, construirase unha nova ponte sobre o rego das Touzas, así como a reparación do firme desta vía nunha lonxitude de 1.100 metros cunha nova capa de aglomerado. O paso sobre a auga estaba resolto ata agora, mediante un marco de formigón, conformando un estreitamento do río neste punto, o que provocaba que en época de fortes choivas se asolague a zona. Esta circunstancia supón un grave risco na seguridade viaria, ademais do constante deterioramento do firme.

“Trátase dunha obra fundamental para a veciñanza tanto de Vimianzo como de Dumbría, tamén para as persoas que empregan esta estrada con fins comerciais e por traballo”, sinala o tenente de alcaldesa, Víctor Muíño, quen afirma que “daremos solución así a unha demanda histórica” e solicita a “comprensión” por parte da veciñanza, dado que “namentres duren os traballos produciranse os conseguintes contratempos tanto para vehículos particulares como comerciais, e aínda que agardamos, sexan polo menor tempo posible, agardamos nos desculpen as molestias ocasionadas”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Dbarrio. Comercion online
Axenda
- 2022 +
- agosto +
L
M
M
X
V
S
D
28
29
30
31
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira CeMIT DBARRIO Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X