Concello de Vimianzo
11 de agosto de 2022
O corazón da Terra de Soneira

Novas

05-07-2022

O Castelo continuará a ser o epicentro cultural no verán coas visitas teatralizadas e os obradoiros de artesanía en vivo

O Castelo de Vimianzo continuará a ser o epicentro cultural no verán coas visitas teatralizadas e os obradoiros de artesanía en vivo. O lanzamento deste compendio de actividades é confirmación das posibilidades que a fortaleza soneirá ten para albergar todo tipo de eventos. 

O programa comezou, precisamente, o pasado día 3 de xullo con motivo do XXV Asalto ao Castelo cunha visita teatralizada, e terá continuidade cunha nova xornada este mesmo domingo, 10 de xullo, en quendas de 12:30 e 17:00 horas. As datas de celebración das visitas guiadas serán, ademáis deste domingo, o 17, 24 e 31 de xullo; o 7, 14, 21 e 28 de agosto e o 4 e 11 de setembro, tanto en horario de mañá como de tarde (12:30 e 17:00 horas). Os menores de idade deberán ir acompañados/as dunha persoa adulta. Son totalmente gratuítas.

Así, este mesmo sábado tamén darán comezo as actividades de artesanía viva, cun obradoiro o día 9 de barcos e nasas, que dará comezo ás 11:00 horas a cargo de Chema Suárez. Haberá 12 prazas dispoñibles, sendo completamente de balde. Para este mes, o día 16 de xullo celebrarase o taller de “Modela co barro”, ás 11:00 horas a cargo de Obradoiro Cambón; o 23 de xullo “Sopla o vidro” tamén ás 11:00 horas con Esther Ferreiro (para este tan só hai dispoñibles 8 prazas) e 0 30 de xullo “Panillada”, ás 17:00 horas coa Asociación de Palilleiras As Nemanquiñas. Para agosto, o día 6, “Tecendo liño”, ás 11:00 horas coa Asociación de Veciños O Santiaguiño de Carreira; o día 13 de agosto “Arte en palla”, ás 11:00 horas coa Asociación Arte en palla de Baíñas; o día 20 “Modela co barro”, a partir das 11:00 horas con Obradoiro Lista; e o 27 de agosto a partir das 11:00 horas “Encadernación”, a partir das 11:00 horas con ASPADEX. 

Para setembro, o día 3 a partir das 11:00 horas reservarase para o obradoiro “Encaixe”, coa Asociación de palilleiras As Nemanquiñas e o día 10 de setembro, un novo desfile do liño, ás 17:00 horas coa Asociación de Amigos do Liño de Galicia. 

As inscricións poderán realizarse a través do enderezo www.vimianzo.gal/turismo

 
Visita nocturna

O sábado 16 de xullo, o Castelo albergará unha visita teatralizada nocturna, que dará comezo ás 21:00 horas. Poderase reservar praza en www.vimianzo.gal/turismo (apartado Castelo > Castelo Vivo > Visitas Guiadas. 

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Dbarrio. Comercion online
Axenda
- 2022 +
- agosto +
L
M
M
X
V
S
D
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira CeMIT DBARRIO Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X