Concello de Vimianzo
25 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

01-07-2022

Mónica Rodríguez: “Estamos facendo unha Europa máis unida con este tipo de proxectos”

Hoxe tivo lugar a xornada de portas abertas enmarcada no 6º Encontro Internacional do proxecto europeo #EuSAVE denominado «Deseño de novas estratexias de desenvolvemento conxunto para poboacións históricas intelixentes e so

A Casa da Cultura acolleu hoxe a xornada transnacional de portas abertas enmarcada no 6º Encontro Internacional do proxecto europeo #EuSAVE denominado  «Deseño de novas estratexias de desenvolvemento conxunto para poboacións históricas intelixentes e sostibles da UE». A alcaldesa, Mónica Rodríguez, deu a benvida aos representantes dos oito países europeos (Italia, Bélxica, Croacia, Portugal, Bulgaria, Letonia, Macedonia)  que participan na xornada.

Rodríguez destacou que con este tipo de proxectos “estamos facendo unha Europa máis unida. Créanse lazos pero tamén nos coñecemos mellor, como individuos e como conxunto de comunidades dentro dun continente”.

“Entendemos mellor as diferentes ópticas do noso pasado , presente e futuro, comprendemos as pegadas da historia nos diferentes pobos europeos. Intercambiamos cultura, debaemos e aprendemos. Creamos vínculos persoais e institucionais que acortan distancias e fan desaparecer fronteiras”, apuntou.

O proxecto europeo #EuSAVE – Citizens’ action for Smart Historic Villages, que lidera o Concello de Vimianzo, vénse desenvolvendo desde 2018. O seu obxectivo é crear unha rede de vilas históricas europeas intelixentes que aumente a implicación e a participación dos cidadáns na vida socioeconómica das súas localidades, promovendo accións de compromiso social e definindo estratexias de desenvolvemento local baseadas nas oportunidades que ofrece o patrimonio cultural material e inmaterial deses territorios históricos, como activos para o crecemento rural intelixente, sustentable e inclusivo da UE.

No proxecto #EuSAVE participan 40 pequenos municipios rurais de menos de 10 000 habitantes, de 8 países diferentes, pertencentes ás catro áreas de Europa (Leste, Oeste, Norte e Sur). Os grupos de traballo temáticos transnacionais levan a cabo unha ampla gama de actividades de participación cidadá no marco da rede europea de vilas históricas intelixentes creada polo proxecto. A través destas accións, desenvolverase un mapeamento de boas prácticas das iniciativas de éxito que xorden das sinerxías entre a innovación social e o patrimonio cultural.

 

O proxecto está levando a cabo varias tarefas entre as que destacan os encontros internacionais, identificación de boas prácticas recollidas en mapa on line, en video, en entrevistas, e nun libro virtual, estratexia de desenvolvemento local para a rede, plan de comunicación e no plan de sustentabilidade do proxecto no territorio da rede.

 

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X