Concello de Vimianzo
2 de xullo de 2022
O corazón da Terra de Soneira

Novas

22-06-2022

Todos os nenos e nenas que fixeron a preinscrición nos campamentos Vimiverán 2022 teñen a súa praza garantida

Vimianzo, 22 de xuño– Todos os nenos e nenas de Vimianzo que fixeron a preinscripción para o CAMPAMENTO VIMIVERÁN 2022 contan con praza garantida. A partir de hoxe e ata o 1 de xullo poderán formalizar a súa matrícula na Casa da Cultura de 8 a 15 h. Ou no teléfono 981717288. O prezo será de 50 euros por quenda ou actividade (desconto familia numerosa 5 euros. A principal novidade será a actividade Vimiaverán nas parroquias, sempre que haxa un mínimo de quince nenas e nenos inscritos/as. Tamén será novidade o servizo de madrugadores.

As parroquias onde terán lugar os campamentos serán as seguintes; na queda 1, BAIÑAS E SALTO; na queda 2, BAIÑAS E SALTO; e na queda 3 BAIÑAS E BERDOIAS.Estas parroquias son as acadaron o número mínimo de 15 inscritos. Haberá tamén actividades temáticas nas que, por un lado, se lle dará a coñecer á
rapazada o Concello, tanto os edificios municipais como os pormenores do funcionamento da Administración local. Por outra parte, son formativas, xa que haberá Vimiteatro, Vimideporte e Vimichef, nas que a cultura, o deporte, a gastronomía serán as temáticas principais. O obxectivo prioritario do Vimiverán 2022, como vén sendo de costume, é facilitarlle a conciliación ás familias do concello, e para iso preséntanse distintas quendas. A primeira, do 27 de xuño ao 15 de xullo, terá Vimideporte e Vimiteatro para nenas e nenos nacidos entre o 2009 e o 201. Celebrarase na Casa da Cultura en horario de 10:00 a 14:00 horas. Por outra banda, Vimideporte está pensado para nenas e nenos nacidos entre o 2010 e o 2019 e celebrarase no pavillón municipal de Vimianzo, cun máximo tamén de 50 prazas.
Do 18 de xullo ao 5 de agosto, haberá Vimichef na aula de cociña da Escola de Reboredo, en Salto, e que estrenarán as rapazas e rapaces para esta actividade, xa que conta con varios equipos de cociña instalados recentemente. Ademais, participarán nun concurso premiado con diferentes sorpresas.
Do 9 ao 26 de agosto, o Vimichef será para nenas e nenos nacidos entre o 2010 e o 2016, tamén na aula de cociña da Escola de Reboredo, en Salto, cun máximo de
30 prazas. O Vimideporte desta quenda, para nenas e nenos nacidos/as entre o 2010 e o 2019 terá lugar no pavillón municipal, e contará cun máximo de 50
prazas. Nesta quenda por primeira vez realizaranse varias actividades en inglés polo menos durante unha hora co obxectivo de que a rapazada aprenda inglés de forma lúdica.

 1ª QUENDA: do 27 de xuño ao 15 de xullo
 2ª QUENDA: do 18 de xullo ao 5 de agosto
 3ª QUENDA: do 9 ao 26 de agosto
4ª QUENDA: do 29 de agosto ao 2 de setembro

 CAMPAMENTO VIMIVERÁN NAS PARROQUIAS
 1ª QUENDA: do 27 de xuño ao 15 de xullo
BAIÑAS Horario: 10:00- 14:00 h. Lugar: Pavillón de Baiñas
SALTO Horario: 10:00- 14:00 h. Lugar: Salón Parroquial
Servizo de madrugadores: de 8:00 a 10:00 h.
o 2ª QUENDA: do 18 de xullo ao 5 de agosto
 BAIÑAS Horario: 10:00- 14:00 h. Lugar: Pavillón de Baiñas
 SALTO Horario: 10:00- 14:00 h. Lugar: Salón Parroquial
o 3ª QUENDA: do 9 ao 26 de agosto
 BAIÑAS Horario: 10:00- 14:00 h. Lugar: Pavillón de Baiñas
 BERDOIAS Horario: 10:00- 14:00 h. Lugar: Salón Parroquial
 Servizo de madrugadores: de 8:00 a 10:00 h.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Dbarrio. Comercion online
Axenda
- 2022 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira CeMIT DBARRIO Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X