Concello de Vimianzo
2 de xullo de 2022
O corazón da Terra de Soneira

Novas

21-06-2022

Unha ducia de hostaleiros participan na XIII edición dos Pinchos Irmandiños

O roteiro gastronómico terá lugar do martes 28 de xuño ao sábado 2 de xullo, en horario mínimo de 12:00h a 15:00h e de 19:00h a 23:00h.

Unha ducia de hostaleiros participan na XIII edición dos Pinchos Irmandiños

Vimianzo, 20 de xuño – A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, presentou hoxe a XIII edición dos Pinchos Irmandiños xunto ás concelleiras Rosa Blanco e María José Pose e varios dos hostaleiros participantes neste programa.  O roteiro gastronómico estará composto de 12 locais e terá lugar do martes 28 de xuño ao sábado 2 de xullo, en horario mínimo de 12:00h a 15:00h e de 19:00h a 23:00h. A alcaldesa recoñeceu o labor e o esforzo dos hostaleiros nun momento moi complicado para o sector e despois de dous anos de restricións por mor da pandemia.  “Quero facer un agradecemento especial a todos os hostaleiros de Vimianzo neste momento polo que pasan e quero que saiban que sen eles a organización deste ano non sería posible. O voso traballo é un orgullo para todo o noso Concello”. Pola súa banda, o representante dos hostaleiros, Carlos Gómez, do Bar Celme, lembrou que “foron ano duros estes dous últimos anos pero intentarémolo facer o mellor posible estou convencido de que imos sacar o traballo adiante. A variedade é extensa, doce creacións excelentes para esta edición”, sentenciou. Os locais participantes serán  o Restaurante Montevideo, co pincho Tesouros de Sabadelle;  a Cervexería Risco, coa súa Torrada de Moscoso; Bodegón A Lareira, Porco con bolas caídas de catapulta;   O Petouco, co Torreón Irmandiño,; O Agocho,  co Enrolado da Santa Irmandade;  Panadaría Perla , co niño do Castelo; restaurante A Lagoa, co Companagium; Algareira, Torreón Cake; Café Celme, cun Desexo carnal; o  Café Bar A Rúa, co Bocado do Mar de Sabadelle;  Panadería Ignacio coas tetiñas da Condesa; e o Restaurante Vía Rápida, co O.P.C. Este ano volverán os agasallos irmandiños para as persoas que selen a ruta completa (12 selos). A cartoliña terase que depositar en calquera dos seguintes locais: Café Bar A Rúa, Restaurante Vía Rápida e Restaurante Montevideo. E deberán ter os datos de contacto cubertos e indicar o que, na súa opinión, é o mellor pincho e o local mellor decorado.

Ademais, entre os que completen a ruta sortearase un lote de produtos ESTRELLA GALICIA en función do peso da persoa gañadora. O precio do Pincho Irmandiño será de 2,50 euros e o Pincho Irmandiño más un quinto Estrella Galicia ou auga será de tres euros.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Dbarrio. Comercion online
Axenda
- 2022 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira CeMIT DBARRIO Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X