Concello de Vimianzo
2 de xullo de 2022
O corazón da Terra de Soneira

Novas

18-06-2022

Desde este sábado ata o 15 de setembro o horario da Mostra será de 10:30 a 14:00 e 16:00 a 20:30 horas

Comeza a programación do verán da Mostra de Artesanía en Vivo que dará a coñecer as técnicas tradicionais no Castelo

Comeza a programación do verán da Mostra de Artesanía en Vivo que dará a coñecer as técnicas tradicionais no Castelo

Vimianzo, 17 de xuño – A Mostra de Artesanía en Vivo comeza mañá sábado a súa programación estival (tempada alta) no Castelo de Vimianzo co obxectivo de dar coñecer en directo as técnicas tradicionais que se desenvolven no icónico enclave ata o 15 de setembro en horario de 10:30 a 14:00 e 16:00 a 20:30 horas, de martes a domingo.

 Desde mañá os artesáns e artesás que estarán presentes a partir deste sábado e ata o 15 de setembro serán; as especialistas do encaixe de Vimianzo, coa Asociación de “Panilleiras” As Nemanquiñas de Vimianzo; os artesáns que traballan co liño, coa Asociación de Veciños o Santiaguiño de Carreira (telar) e a Asociación de Amigos do Liño de Galicia ( proceso textil); o maquetista de barcos, Chema Suárez; a artesanía da prata e vidro, a cargo de Esther Ferreiro; os traballos en palla, coa Asociación Arte en Palla de Baíñas; a Olaría de Buño co Obradoiro Lista e Cambón; e o traballo de coiro e papel, coa Asociación Aspadex.

O  Castelo de Vimianzo, berce da artesanía chegada de todos os puntos da Costa da Morte, será este verán o fogar de artesáns e artesás que manteñen vivo o espírito da milenaria tradición galega. Na Mostra de Artesanía en Vivo no Castelo e, ata o 15 de setembro, poderás comprobar en directo como se fan maquetas de barcos en madeira, contas de pulseiras en soprado de vidro, pulseiras trenzadas con auténtica palla de Baíñas, coñecer o encaixe, como se manexa o liño, a maneira de laborar o coiro de Asociación ASPADEX ou ter nas mans auténtica olaría de Buño.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Dbarrio. Comercion online
Axenda
- 2022 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira CeMIT DBARRIO Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X