Concello de Vimianzo
2 de xullo de 2022
O corazón da Terra de Soneira

Novas

15-06-2022

Silvina Muñoz, fincada en Vimianzo, foi a única representante galega no congreso de Madrid que reuniu a máis de 300 mulleres rurais emprendedoras de toda España

Unha reposteira de Vimianzo premiada no Encontro nacional de mulleres emprendedoras do rural

Unha reposteira de Vimianzo premiada no Encontro nacional de mulleres emprendedoras do rural

Vimianzo, 15 de xuño – Vimianzo estivo hoxe representado no  lV Encontro  Ruraltivity que reuniu en Madrid a 300 mulleres rurais emprendedoras. O acto estivo presidido pola ministra de Política Territorial, Isabel Rodríguez García, e outras personalidades do panorama financeiro, político e agroalimentario.

O proxecto de Silvina Muñoz,  chamado Algareira,  recibiu unha das  bolsas  Ruraltivity, un recoñecemento patrocinado pola Fundación PepsiCo e través do cal 10 emprendedoras rurais accederán a unha axuda directa de 5.000 euros para impulsar os seus proxectos.

Algareira é un obradoiro de repostería innovador asentado en Vimianzo que usa produtos mariños, ecolóxicos e sostibles, para as súas exquisitas creacións gastronómicas. Ademais, converteuse nun referente na economía circular por utilizar produtos das hortas da comarca que tamén son xestionadas por outras empresarias.

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, puxo en valor a importancia deste recoñecemento e quixo felicitar “a Silvina por este recoñecemento que, sen dúbida, representa a todas as nosas empresarias nunha contorna que non sempre é favorable para as mulleres. Ínstolle a seguir desenvolvendo o seu proxecto porque terá sempre o noso apoio e  admiración".

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Dbarrio. Comercion online
Axenda
- 2022 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira CeMIT DBARRIO Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X