Concello de Vimianzo
2 de xullo de 2022
O corazón da Terra de Soneira

Novas

30-05-2022

O alumnado do obradoiro de emprego ‘Construíndo futuro’ avanzan na aprendizaxe do sector forestal e da construción

Os 20 alumnos e alumnas do Obradoiro Dual de Emprego “Construíndo Futuro” que desenvolven de forma conxunta os concellos de Camariñas, Muxía e Vimianzo, avanzan na aprendizaxe con prácticas no sector forestal e no da construción. Os certificados de profesionalidade que se están a impartir son os de “Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes” e “Pavimentos e Albanelería de Urbanización”.

O alumnado de Pavimentos e Albanelería de Urbanización continúa desenvolvendo as habilidadesadquiridas nas aulas poñéndoo en práctica nas actuacións en Camariñas. Neste concello comezaron facendo prácticas de desbroce e desmonte de terreo, elaboración de formigón armado para arealización dunha soleira, colocación de pedra do país tipo Santiago e encintado da mesma.  

Tamén procedeuse ao levantamento dunha tapa de saneamento para deixala á mesma altura que o terreo, construción dunha soleira para a colocación de colectores do lixo e colocación de mobiliario e elementos complementarios de pavimentos de urbanización. 

Novo miradoiro no Barrio de Core, en
 Camariñas

Como resultado final destas prácticas, Camariñas conta cun novo miradoiro no Barrio de Corea. Para o asentamento e reforzo dos contidos asimilados nestas prácticas, continuaron coa actuación napraza da Insuela. O obxectivo é acondicionar a zona axardinada para mostrar unha continuidade de aspecto con outras zonas do pobo colocando pedra do país tipo Santiago.

Unha vez rematada a actuación en Camariñas, o alumnado da especialidade de albanelería continuará as súas actuacións na escola de Subeiro, no Pavillón de Baíñas e no Ximnasio Municipal de Vimianzo.

Ao mesmo tempo, en Camariñas, o alumnado da especialidade de montes acompañou o traballo desenvolvido polo grupo de albanelería, retirando o exceso de terra vexetal soterrada baixo a praza da Insuela e trasladándoa á zona do miradoiro do barrio de Corea. 

Nesta zona procedeuse ao aplanamento do noiro existente e á extensión da terra trasladada, co fin de uniformizar a pendente do terreo e fomentar a rexeneración da cuberta vexetal na áreaperimetral do miradoiro. A maiores disto, en Camariñas tamén fixeron unha limpeza exhaustiva na zona do Cotro e na Praia da Area da Vila.
  
Melloras en Viseo, Caberta e Quintáns (Muxía)

Por outra banda, o alumnado especializado na conservación e mellora de montes continuou a súaformación práctica realizando actuacións no Concello de Muxía, concretamente en Quintáns, Viseo e Caberta. 

No parque de Viseo fixeron labores de acondicionamento da súa zona verde e na escola de Cabertalevaron a cabo o mantemento do seu perímetro. 

Paralelamente, en Quintáns as actuacións foron múltiples: sega e desbroce de parterres e xardíns,plantación de Leptospermun con recubrimento de malla antiherbas e rocha volcánica, plantación de dúas magnolias no xardín, unha camelia e un olivo con forma de bonsai. Realizouse tamén poda e limpeza de vexetación diversa. 
Os traballos foron tan minuciosos e exhaustivos como foi posible, e o resultado satisfactorio en termos de formación e xerais. 
 
Limpeza do parque empresarial e planificación de novas actuacións en Vimianzo

No Concello de Vimianzo os traballos centráronse na limpeza exhaustiva e acondicionamento do Parque empresarial, así como o repaso das actuacións feitas con anterioridade nos lugares dePadreiro, Grixoa e Castrelo. Tamén estase planificando e organizando as próximas actuacións noutras localizacións do municipio. 

O Obradoiro Dual de Emprego Construíndo futuro, que rematará o 28 de xullo deste ano, é posible grazas a unha subvención por valor de 346.946 euros da Consellería de Emprego e Igualdade.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Dbarrio. Comercion online
Axenda
- 2022 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira CeMIT DBARRIO Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X