Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

27-05-2022

Vimianzo dá a coñecer a programación do Vimiverán 2022 co deporte, o teatro e a gastronomía como piares básicos

O Concello de Vimianzo deu a coñecer esta mañá q programación para o Vimiverán 2022 co deporte, o teatro e a gastronomía como piares básicos. As preinscricións poderán efectuarse de xeito telemático ou na Casa da Cultura desde o 1 ao 17 de xuño. Terá preferencia a rapazada empadroada en Vimianzo e o sorteo de prazas será o 21 de xuño. A formalización da matrícula e o pago das taxas será entre o 22 e o 25 de xuño, sendo o prezo por quenda ou actividade de 50 euros, con desconto de 5 euros por familia numerosa. 

Con este programa perséguese favorecer a conciliación familiar no ámbito municipal, de tal maneira que ao mesmo tempo que se xeran actividades para o desenvolvemento educativo, psicomotor, cognitivo, afectivo e social dos nenos e nenas, promóvese tamén a conciliación da vida laboral e social das súas familias, dun xeito transversal e con perspectiva de xénero.

Os obxectivos xerais son promover e facilitar a conciliación da vida persoal, laboral e familiar durante o período estival, así como desenvolver o principio de igualdade e non discriminación por razón de sexo. Os obxectivos específicos son ocupar dunha maneira produtiva e educativa o tempo lúdico das e dos participantes; crear un marco de referencia, un lugar seguro onde as familias poidan deixar as súas crianzas; desenvolver un programa de dinámicas e actividades acorde a súas idades, onde poidan desfrutar e, ao mesmo tempo, aprender; promover dun xeito transversal, valores de gran relevancia social: igualdade, cooperación, corresponsabilidade, tolerancia, respecto, inclusión e non violencia. 

Vimiverán levarase a cabo de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas e ofrecerase a posibilidade de incorporarse ás 8:00 horas da mañá, naqueles casos en que sexa necesario para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral. 

A primeira quenda, será do 27 de xuño ao 15 de xullo, con dúas opcións. En Vimiteatro, para o que hai dispoñibles 65 prazas, desenvolveranse dinámicas teatrais para achegar a rapazada ao mundo do teatro e a temática será arredor do Asalto ao Castelo, ca finalidade de que coñezan a súa historia e festa. Estará destinado para nenas e nenos nacidos entre o 2010 e o 2019, en horario de 10:00 a 14:00 horas e coa posibilidade de servizo de madrugadores, de 8:00 a 10:00 horas. Terá lugar nas instalacións municipais de Vimianzo. En Vimideporte, para o que hai dispoñibles outras 65 prazas, desenvolveranse tamén dinámicas lúdico-deportivas ambientadas no Asalto ao Castelo. Para nenas e nenos nacidos entre o 2010 e o 2019, con horario de 10:00 a 14:00 horas e tamén coa posibilidade de servizo de madrugadores de 8:00 a 10:00 horas. Levarase a cabo nas instalacións municipais. 

A segunda quenda será do 18 de xullo ao 5 de agosto, tamén con dúas posibilidades. En Vimichef,pensado para 20 nenas e nenos, desenvolveranse accións para os coñecementos de técnicas culinarias básicas, ademais de incluir a participación no concurso Vimichef. Está pensado para nenas e nenos nacidos entre o 2010 e o 2016, en horario de 10:00 a 14:00 horas e coa posibilidade de servizo de madrugadores. Desenvolverase na aula de cociña da Escola de Reboredo, en Salto. Para Vimideporte,pensado para 90 rapazas e rapaces, desenvolveranse dinámicas lúdico-deportivas enfocadas ao achegamento da rapazada ao coñecemento, coidado e respecto do medio ambiente, reciclaxe e prácticas deportivas respectuosas co medio ambiente. Para nenas e nenos nacidos entre o 2010 e o 2019. En horario de 10:00 a 14:00 horas e tamén existe a posibilidade de servizo de madrugadores, de 8:00 a 10:00 horas. Terá lugar nas instalacións municipais de Vimianzo. 

A terceira quenda, do 9 ao 26 de agosto, terá as posibilidades de Vimichef Vimideporte. Para a primeira resérvanse 20 prazas para nenas e nenos nacidos entre 2010 e 2016, en horario de 10:00 a 14:00 horas e coa posibilidade de servizo de madrugadores de 8:00 a 10:00 horas. Desenvolverase na aula de cociña de Reboredo, na parroquia de Salto. Na segunda, con 70 prazas e para nenas e nenos nacidos entre 2010 e 2019. Será de 10:00 a 14:00 horas coa posibilidade de servizo de madrugadores de 8:00 a 10:00 horas. Será nas instalacións municipais de Vimianzo. Nesta quenda por primeira vez realizaranse algunha das actividades en inglés, polo menos unha hora diaria, co obxectivo de que a rapazada aprenda inglés de maneira lúdica a través de xogos e obradoiros.

Por último, a cuarta quenda será do 29 de agosto ao 2 de setembro. A través dun taboleiro de xogos cos recursos de Vimianzo, a rapazada coñecerá o municipio como unha ferramenta educadora, non neutra á que nos aproximamos desde o xogo. Reservaranse 100 prazas para nenas e nenos nacidos entre 2010 e 2019 en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. 


Vimiverán nas parroquias

Para as parroquias, está previsto que se desenvolvan tamén programas propios do Vimiverán, en tres quendas. A primeira, do 27 de xuño ao 15 de xullo. A segunda, do 18 de xullo ao 5 de agosto e a terceira quenda, do 9 ao 26 de agosto. Están pensadas para nenas e nenos nacidos entre o 2010 e o 2019, en horario de 10:00 a 14:00 horas. O número mínimo para cubrir as prazas é 15. 

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, destacou “o completo da programación, con dúas grandes intencións: a primeira, a conciliación, para que todas as familias vimiancesas poidan organizarse da mellor maneira posible entre o 27 de xuño ata o 2 de setembro”, enfatizando a “novidade tan importante este ano: o servizo de madrugadores, que entendemos da necesidade das familias e considerámolo prioritario”. 

Rodríguez lembrou que “detrás desta presentación hai moito traballo por parte dos departamentos de Deportes, Cultura e Benestar Social, nun Vimiverán moi especial xa que nesta primeira quenda estará adicada aos nosos irmandiños”, facendo un guiño ás actividades centradas no Asalto ao Castelo, que este ano cumpre 25 edicións e será o 1 e 2 de xullo. 

Acompañaron á alcaldesa Rosa Blanco, concelleira de Cultura; María José Pose, concelleira de Benestar Social; Nieves Lema, técnico de Cultura e Víctor Santos, técnico de Deportes de Vimianzo. 

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X