Concello de Vimianzo
25 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

23-05-2022

O Concello abre o procedemento para solicitar permisos de realización das fogueiras de San Pedro e San Xoán

O Concello abre o procedemento para solicitar permisos de realización das fogueiras de San Pedro e San Xoán

O Concello de Vimianzo abre o procedemento para a solicitude de permisos para a realización das fogueiras de San Pedro e San Xoán. Poderá facerse efectivo ata as 13:00 horas do 17 de xuño. 

As persoas responsables terán que ser maiores de idade. As persoas organizadoras deberán coidar os arredores e coñecer os números de teléfono de Emerxencias, Protección Civil (112), Policía Local (617 48 48 52) e Garda Civil (981 71 60 22).

Na zona urbana, o volume de combustible do lume non sobre pasará os 3 metros de perímetro nin o metro (1 metro) de altura. No rural, non poderá exceder os 6 metros de perímetro nin os 3 metros de altura. A separación entre as fogueiras e os edificios, árbores, vehículos e mobiliario urbano serán como mínimo de 12 metros, agás no casco urbano. Porase especial coidado de non situalas baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, así como que nos arredores non exista ningún local no que se almacenen produtos inflamables.

Queda  prohibida a queima de rodas, plásticos, escumas de poliuretano, aceites e, de xeito xeral, calquera substancia que ao arder desprenda fume tóxico. En ningún caso se botarán ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (aerosois) aínda que estean baleiros. As organizacións atenderán as indicacións da Policía Local e dos Bombeiros. Non se aproveitará a cachela para queimar restos domésticos, agrícolas ou forestais. 

O Concello de Vimianzo, por iniciativa propia ou a instancia do Servizo Provincial de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais ou das autoridades sanitarias, poderá revogar a autorización que se dea nos casos nos que non sexa posible garantir as medidas de seguridade e de prevención de incendios. A autorización dada non eximirá en ningún caso das responsabilidades por danos e perdas que se produzan no caso que concorra neglixencia ou imprudencia. 
 
Para máis información, a veciñanza poderá chamar ao teléfono 981 71 60 01 extensión 1218 ou achegarse polo Departamento de Promoción Económica. 

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X