Concello de Vimianzo
25 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

19-05-2022

Vimianzo recibe unha nova campaña de escavación no Castro das Barreiras coa mirada posta no gravado rupestre dunha das cabanas

Vimianzo recibe unha nova campaña de escavación no Castro das Barreiras coa mirada posta no gravado rupestre dunha  das cabanas

O Concello de Vimianzo comezou esta mesma semana unha nova campaña, e xa é a sétima, de escavación no Castro das Barreiras, onde se leva traballando de maneira ininterrompida desde o 2018.

O principal obxectivo é descubrir o gravado rupestre que se atopou nunha das cabanas, así como ampliar a área visitable do mesmo. “O Castro a nivel arqueolóxico é moi fértil, co cal sempre que vimos agardamos moi bos resultados”, apunta o responsable dos traballos, Tito Concheiro, quen hoxe presentou a campaña xunto á alcaldesa, Mónica Rodríguez; a concelleira de Cultura, Rosa Blanco e o técnico de Deportes Víctor Santos.

Nas Barreiras atópanse sempre cousas moi atípicas, como poden ser estruturas interiores ou o betilo que nos  ncontramos en pasadas campañas. “Para nós, ter constante contacto con este castro é moi importante”, incidiu Concheiro, que rematou agradecéndolle “o Concello de Vimianzo a súa aposta continuada por estes traballos”.

A vindeira semana comezará o plan de divulgación, no que participarán arredor de 500 alumnas e alumnos de centros tanto de Vimianzo como de Baio, ademais das visitas xa rexistradas esta fin de semana das persoas participantes na xuntanza de autocaravanas.

Neste sentido, a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, destacou “o traballo tanto das áreas de Deportes e Cultura como de todo o equipo de arqueoloxía, que como dixo antes Tito, está ó servizo da cidadanía, e realizan unha labor fundamental: a de difusión do coñecemento á sociedade”, e admite que “é ilusionante o que se vai vivir neste xacemento a vindeira semana”.
A concelleira de Cultura, Rosa Blanco, puxo de relevancia “a participación de tantas pequenas e pequenos nunhas visitas que estarán lideradas pola persoa indicada, Tito Concheiro, e que encherá as súas mentes de fantasía”.

Por último, Víctor Santos, Técnico de Deportes do Concello de Vimianzo, puxo de relevancia “a grande riqueza patrimonial de Vimianzo, refutada co éxito do programa de autocaravanismo da pasada fin de semana, e a través destas rutas tratamos de promover a actividade deportiva e coñecer os recursos naturais e  patrimoniais de Vimianzo”, asegurou.


Proxecto museístico

Un dos avances que se comunicou na rolda de prensa celebrada esta mañá no xacemento é a creación dun museo, dunha exposición, para que o pobo de Vimianzo e as e os visitantes, poidan comprender e entender de mellor maneira o que sae das Barreiras.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X