Concello de Vimianzo
2 de xullo de 2022
O corazón da Terra de Soneira

Novas

18-05-2022

Tanxugueiras conquistan Vimianzo no primeiro concerto da “Xira Midas” na Costa da Morte

Tanxugueiras, o trío composto por Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro, conquistaron esta noite Vimianzo no primeiro concerto da “Xira Midas” que se celebra na Costa da Morte. Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro fixeron as delicias dun público absolutamente entregado, e que xa ateigaba o recinto habilitado desde o primeiro momento que se abriron as portas, ás 20:00 horas da tarde.

“Averno”, “O querer”, “Miña nena”, o seu novo sinxelo “Pano corado” e “Terra”, entre as cancións dunha lista de máis dunha quincena de temas. A climatoloxía, esta vez, acompañou para que fose unha noite inolvidable.

Elas tres, cantareiras para unha nova década, son capaces de reinterpretar os sons dunha tradición milenaria, fusionándoa con ritmos urbanos que se atopan preto do trap ou da electrónica. A súa enerxía, o seu  empoderamento, a súa contundencia e o seu virtuosismo vogal son os máximos expoñentes do seu innovador estilo, coñecido como trad.

O trío recolle o legado das pandeireteiras, as mulleres que traballaron por manter viva a música tradicional galega, para revisionalo e lanzalo novamente ó mundo nunha explosión de modernidade, contando cun estilo épico e unha forza ancestral que as fixo triunfar xa en escenarios de varios países.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Dbarrio. Comercion online
Axenda
- 2022 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira CeMIT DBARRIO Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X