Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

29-04-2022

O 15 de maio chega a Festa das Vimiletras con teatro, inchables e animación para a rapazada

O Concello organizará o vindeiro 15 de maio a Festa das Vimiletras, que comezará a partir das 17:00 horas na praza do Concello. Convídase a asistir ás familias que queiran botar un bo anaco nesta sinalada data. Estenderase ata as 21:00 horas.

Haberá inchables, animación, música, teatro e mesmo obradoiros de tatuaxes e globoflexia. Un dos pratos fortes será o “Cantaxoga”, executado por Migallas Teatro cun elenco que forman Carlos Yus, María Campos, Paco Dicenta, Paulo Nogueira e Celsa Cabaleiro. Trátase dun espectáculo de teatro e música onde os protagonistas interpretan cancións dos discos “Canta connosco!” e “Pan de millo”, acompañados por unha banda de pulgas e realizan pezas de vídeo cómicas relacionadas cos contidos das cancións. 

Entre outros obxectivos, este espectáculo ten como finalidade demostrar que na lingua galega, ademais da música tradicional, teñen cabida todos os estilos e tendencias musicais, desde o rock ata a cumbia, pasando pola rumba ou o reaggae. Toda unha oda á lingua galega. 

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X