Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

27-04-2022

O Concello abre por primeira vez o prazo de solicitudes para que o Castro das Barreiras acolla excursións guiadas

O Concello abre por primeira vez o prazo de solicitudes para que o Castro das Barreiras acolla excursións guiadas

O Concello de Vimianzo abre por primeira vez o prazo de solicitudes para que o Castro das Barreiras acolla excursións guiadas do 18 ao 31 de maio de 2022. 

Poderanse enviar a través do enderezo electrónico cultura@vimianzo.gal ata o 12 de maio, dispoñibles para centros educativos, asociacións ou colectivos interesados nesta actividade. Estará guiada polo responsable das escavacións, Tito Concheiro. Esixiranse un mínimo de 15 persoas para que se poida desenvolver.

Desde o goberno local sinalan que “se trata dunha iniciativa para dar a coñecer non só o noso Castro das Barreiras; tamén dun xeito pormenorizado os traballos que alí se desenvolverán na nova campaña que comeza o vindeiro día 16 de maio”, enfatizando  que “a mellor maneira de poder aprender é da man de Tito Concheiro”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X