Concello de Vimianzo
16 de maio de 2022
O corazón da Terra de Soneira

Novas

21-04-2022

Vimianzo xa conta con máis do 40% das luminarias renovadas grazas ao proxecto de mellora enerxética do IDAE

O Concello de Vimianzo  xa conta con máis do 40%  das luminarias exteriores renovadas grazas o proxecto de mellora enerxética do IDAE, que comezara o a finais de outubro de 2021. 

O proxecto, que ascende a 2,3 millóns de euros grazas á subvención acadada co Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE), permitirá conseguir un aforro de máis do 50% para as arcas municipais, á vez que se mellora en estética e seguridade tanto peonil como para condutores e condutoras.

Rematáronse por completo os traballos en Baíñas, Bamiro, Berdoias e Calo, e  hoxe mesmo nas parroquias de Carantoña e Tines. As tarefas estanse desenvolvendo nestes intres en Castrelo, Cambeda, Cereixo e Salto.

Durante o mes de maio, as instalacións comezarán tanto na parroquia de Vimianzo como na de Treos. Cabe lembrar que estas serán máis eficientes e que se conseguirá un menor impacto ambiental. Estas luminarias empregan o 95% da enerxía da luz e tan só se desperdicia un 5% en calor, facéndoas máis duradeiras. 

O concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, destacou hoxe o “bo ritmo de tempos ao que están avanzando as intervencións, e xa son moitos veciños e veciños quenes destacan que a mellora é máis que notable”, indica, e avanza que “xa se está traballando tamén no soterramento das liñas do tendido eléctrico no caso urbano de Vimianzo”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Dbarrio. Comercion online
Axenda
- 2022 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
17
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira CeMIT DBARRIO Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X