Concello de Vimianzo
16 de maio de 2022
O corazón da Terra de Soneira

Novas

09-04-2022

Vimianzo recibirá as Letras Galegas ó son de Tanxugueiras nun concerto para toda a Costa da Morte

Vimianzo dará a benvida á tempada de concertos co recital do trío relvelación da fusión da música tradicional, Tanxugueiras, composto por Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro.

A cita, que será a primeira destas características na Costa da Morte logo da pandemia, terá lugar o sábado 16 de maio, previamente á celebración do Día das Letras Galegas, ás 21:30 horas na rúa Brañas. As entradas estarán dispoñibles desde hoxe, sábado 9 de abril, en www.woutick.es cun prezo de 10 euros ata esgotar existencias.

Elas tres, cantareiras para unha nova década, son capaces de reinterpretar os sons dunha tradición milenaria, fusionándoa con ritmos urbanos que se atopan preto do trap ou da electrónica. A súa enerxía, o seu empoderamento, a súa contundencia e o seu virtuosismo vogal son os máximos expoñentes do seu innovador estilo, coñecido como trad.

O trío recolle o legado das pandeireteiras, as mulleres que traballaron por manter viva a música tradicional galega, para revisionalo e lanzalo novamente ó mundo nunha explosión de modernidade, contando cun estilo épico e unha forza ancestral que as fixo triunfar xa en escenarios de varios países.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, comentou que “non hai mellor maneira de abrir boca para celebrar o Día das nosas Letras Galegas que cun concerto de Sabela, Aida e Olaia, quenes farán as delicias de todas as persoas que queiran achegarse a Vimianzo o vindeiro 16 de maio”, destacando que “non queremos que isto sexa só un concerto; é a primeira data de Tanxugueiras na Costa da Morte e queremos que a súa forza traspase, como ben din elas, fronteiras”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Dbarrio. Comercion online
Axenda
- 2022 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
17
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira CeMIT DBARRIO Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X