Concello de Vimianzo
16 de maio de 2022
O corazón da Terra de Soneira

Novas

08-04-2022

O Concello dá a coñecer a súa programación para Semana Santa co Castelo como epicentro de actividades

O Concello de Vimianzo deu a coñecer esta mañá a súa programación para Semana Santa co Castelo como epicentro de actividades. Haberá visitas guiadas e teatralizadas o xoves 15 de abril, o venres 15 de abril, o sábado 16 de abril e o domingo 17 de abril, cos Quinquilláns como protagonistas (nas teatralizadas). 

Os horarios para as teatralizadas serán ás 12:30 horas e 17:00 horas, estando reservado solo unha sesión para o domingo, ás 12:30 horas. Os das visitas guiadas, ás 11:00 horas, 14:00 horas e 18:30 horas e o domingo tan só unha sesión ás 17:00 horas. 

Outros dos espazos reservados para acoller actividades durante os días festivos son os Batáns e Muíños do Mosquetín, os días 14, 15, 16 y 17 a las 15:30 horas. No Porto de Cereixo, na barca prodixiosa de Cereixo, o 15 de abril ás 19:00 horas, e por Cereixo, o mesmo día ás 19:45 horas. 

No Castro das Barreiras, logo dos últimos traballos no que se descubriu unha porción de muralla, haberá visitas guiadas o 14 e o 16 de abril ás 20:00 horas e o 17 de abril ás 18:30 horas. 

As inscricións poderán facerse en www.vimianzo.gal/turismo e resérvanse 20 prazas para participar en cada visita. Serán de balde e os menores deberán ir acompañados dun adulto. 

 

Mostra de Artesanía en Vivo

Desde o Concello, animan a todas as persoas que así o desexen, a visitar o Castelo de Vimianzo nesta Semana Santa, onde haberá demostracións de tratado do liño, encaixe, maquetaxe de barcos, traballos en palla, artesanía de prata e vidro e traballos en coiro e papel.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, destaca que este é un programa “pensado por e para todas as persoas que desexen coñecer máis pormenorizadamente a Artesanía da Costa da Morte, pero tamén os nosos lugares máis senlleiros. Os Quinquilláns sempre lle dan un toque especial ás visitas, e estamos moi felices de volver a poder contar con eles”, afirma. 

 

Resumo

  • Xoves 14 de abril: Visita guiada no Castelo de Vimianzo ás 11:0o horas. Visita teatralizada no Castelo cos Quinquilláns ás 12:30 horas. Visita guiada nos Batáns do Mosquetín ás 15:30 horas. Visita teatralizada no Castelo cos Quinquilláns ás 17:00 horas. Visita guiada no Castelo ás 18:30 horas. Visita guiada no Castro das Barreiras ás 20:00 horas. 

 

  • Venres 15 de abril: Visita guiada no Castelo de Vimianzo ás 11:0o horas. Visita teatralizada no Castelo cos Quinquilláns ás 12:30 horas. Visita guiada nos Batáns ás 15:30 horas. Visita teatralizada no Castelo cos Quinquilláns ás 17:00 horas. Visita teatralizada en Cereixo cos Quinquilláns ás 19:00 horas e guiada en Cereixo ás 19:45 horas.

 

  • Sábado 16 de abril: Visita guiada no Castelo de Vimianzo ás 11:0o horas. Visita teatralizada no Castelo cos Quinquilláns ás 12:30 horas. Visita guiada nos Batáns ás 15:30 horas. Visita teatrallizada no Castelo cos Quinquilláns ás 17:00 horas. Visita guiada no Castelo ás 18:30 horas e visita guiada no Castro das Barreiras ás 20:00 horas. 

 

  • Domingo 17 de abril: Visita guiada no Castelo de Vimianzo ás 11:0o horas. Visita teatralizada no Castelo cos Quinquilláns ás 12:30 horas. Visita guiada nos Batáns ás 15:30 horas. Visita guiada no Castelo ás 17:00 horas. Visita guiada no Castro das Barreiras ás 18:30 horas. 

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Dbarrio. Comercion online
Axenda
- 2022 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
17
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira CeMIT DBARRIO Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X