Concello de Vimianzo
5 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

31-03-2022

Vimianzo recibe este domingo á Orquestra Infantil Sinfónica de Galicia no Auditorio da Casa da Cultura

Vimianzo recibirá este domingo, 3 de abril, á Orquestra Infantil Sinfónica de Galicia no Auditorio da Casa da Cultura. Interpretaranse pezas de Handel ou Tchaikowsky e as entradas pódense adquirir por Internet, a través da ligazón https://bit.ly/3LsYxxf ou na billeteira da propia Casa da Cultura unha hora antes do concerto, ás 17:30 horas.

No seu segundo concerto da tempada, as rapazas e rapaces que integran a OISG plantexa un proxecto de repertorio programático co que o alumnado puido profundizar en aspectos técnicos iniciados a comezos do curso e no que se aprenden os recursos necesarios para poder transmitir o traballo realizado cada fin de semana. Interpretaranse tamén pezas de autores contemporáneos como Hans Zimmer.

Divididos en dous seccións, a través do Grupo Pizzicato, dirixido por Enrique Iglesias, e o Grupo Arcos, baixo a batuta de Jorge Montes, executarán String ensemble book, de S. Nelson; Selección de piezas fáciles de G.F. Handel; Let it go, que forma parte da banda sonora da longametraxe de animación Frozen; Concerto grosso, Op. 6 Nº4 de Handel; Elegía para cuerdas de Tchaikowsky e a Suite de Piratas del Caribe para pechar, de Hans Zimmer. 

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X