Concello de Vimianzo
11 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

16-04-2012

Manuel Antelo presentou as Xornadas Vimianzo gastronómico. Compartimos primavera xunto cos hosteleiros participantes

O alcalde presentou o venres as xornadas Vimianzo gastronómico. Compartimos primavera acompañado da concelleira de Benestar, Mª Xosé Ramos, os técnicos de Promoción económica, Rosa Sánchez e Evaristo Suárez, e os hostelerios que participan nas xornadas. Unha nova iniciativa organizada desde o concello para promocionar a gastronomía local en vista do éxito das xornadas anteriores segundo confirmaron os propios hostaleiros. 
Nesta ocasión a duración das xornadas é maior, xa que comezou o venres 13 de abril e rematará o domingo 24 de xuño. Durante estes dous meses e medio poderanse degustar, durante as fins de semana, as propostas gastronómicas de oito restaurantes: Casa Paco (Pasarela), O Cabral (Baíñas), O Retiro de Barboles (Salto), Casa Sabina, Restaurante O Castillo. Restaurante Vázquez, Restaurante Pastoriza e Restaurante Edreira (Vimianzo), e con cada menu participarase no sorteo dunha escapada con encanto no Hotel Rústico Anantur, no concello de Cervo (Lugo).
Para complementar os menús gastronómicos, oito cafeterías participan tamén nas xornadas con actividades de lecer e cócteles especiais elaborados para a ocasión. Os bares nos que se poderá gozar desta oferta son Celme, A Rúa, Hilton, Mehari, O Agocho, quilmes, Regueiro, en Vimianzo, e Casa Landeira, en Treos.
As panaderías Sampedro, PanIgnacio e Antoxos participan temén nesta iniciativa gastronómica coa elaboración de sobremesas. As tres panaderías están traballando en conxunto nunha sobremesa de Vimianzo que se poida ofrecer como identitaria do noso concello.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X