Concello de Vimianzo
9 de outubro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

22-02-2022

O Concello celebrará este xoves o Día de Rosalía co alumnado do IES Terra de Soneira e do CEIP San Vicenzo

O Concello de Vimianzo conmemorará a figura de Rosalía de Castro co alumnado do IES Terra de Soneira e do CEIP San Vicenzo, programando unha intervención teatralizada baixo o título “Sempre Rosalía” a cargo de Producións Dispersas.

Será este xoves, 24 de febreiro, ás 12:00 horas na Casa da Cultura. Ana Ponte, caracterizada como Rosalía de Castro, e o actor Diego Freire, irrompen na actividade. Inician un diálogo para achegar a súa figura ás persoas participantes.

Unha figura fundamental dentro da lingua e cultura galegas que tivo que superar moitos obstáculos pola súa condición de muller. O obxectivo último desta intervención será subliñar e celebrar estas dúas características da figura de Rosalía: o seu papel central na nosa cultura e a importancia de que ese posto central estea ocupado por unha muller, malia tódolos obstáculos que tivo que superar.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X