23-12-2021
AXUDAS
ORDE do 13 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a pemes, autónomos, asociacións e fundacións de Galicia para o financiamento de actuacións destinadas á preparación para a reutilización e reciclado de residuos téxtiles recollidos separadamente, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea- NextGenerationEU, e procédese á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva por anticipado de gasto para o ano 2022 (código de procedemento MT975 L).
Prazo: ata o 31 de xaneiro de 2022
Máis información:
DOGA núm. 238, do 14/12/2021
ORDE do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2022, en réxime de concorrencia competitiva, dentro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia (código de procedemento PR487A).
Prazo: 1 mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia
Máis información: DOGA núm. 9, do 14/01/2022